Temos 10 visitantes online

Concertos

Pito de Pikasso + Champurrada:
DataDomingo 14 de Marzo
LugarPub TNT, Compostela
Hora20:00hs.
Entrada4€
 
Capitán Furilo:
DataVenres 19 de Marzo
LugarPub Gatos, Melide
Hora01:30hs.
Entrada
 
Ergom:
DataVenres 19 de Marzo
LugarGentalha do PIchel, Compostela
Hora22:00hs.
Entrada3€
 
NAO:
DataSábado 20 de Marzo
LugarA Bolera. Ourense
Hora
Entrada
 
Komunikando.net no teu Correio-e
no teu Correio-e:

Visita este grupo

Asociacion Galega de Musicos ao Vivo
Esta web apoia � iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
sono-tone.net
aregueifa.net
AudienciaZero.org
Em Portada seta Todas as Novas
"Alberto por reformas" na radio Gallega

Resultados 11 - 20 de 55

Posted by Pablo, on 10-06-2009 10:53,
11. Erros ortográficos no Manifesto
Ía asinar o Manifesto pero cando o lin decateime de que está cheo de erros ortográficos. Creo que tal e como está non se pode enviar a ninguén se se pretende que sexa tomado en serio. 
Por favor, corrixide o manifesto antes de o enviar a ningures. 
Polo demais, concordo plenamente co contido do manifesto, claro está.
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by Komunikando.net, on 09-06-2009 17:04,
12. Queda convocada a assembleia
Convocada a Asembleia Aberta para o Sábado 13 de Xunho 8)  
Queda convocada a Asemblea Aberta para organizar-nos, proponher ideias, ofrecer recursos, etc, o Sábado 13 de Xunho ás 12:30hs. do mediodia na Sala NASA de Compostela.
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by RuiBardo, on 09-06-2009 11:43,
13. ATURUXO
Tiñamos que xuntarnos tódolos amantes da música (os músicos e os privilexiados que disfrutamos con vós e as vosas creacións), todos xuntos en Compostela e botar un aturuxo colectivo de xeito que o son se expandise e se escoitase en toda a Galiza e parte do mundo.
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by O Leo i Arremecághona!, on 09-06-2009 09:33,
14. Saúde e arroutada emoción
Todo o apoio de Arremecághona's Produçións ao Xurxo e a nosa solidariedade e agradecemento. 
 
Eu podo calquera dos dous días. 
 
Non sei se adiantamos xa propostas no foro, pero eu creo que dunha charanga dos "Cen mil gaiteiros máis" unplugged non se debía zafar o Albertito. 
 
Roubáronnos unha ferramenta fundamental para o noso choio. Estamos en folga. Xaponesa, por suposto. 
 
Aperta a tod@s.
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by abraham_el_niño, on 09-06-2009 09:15,
15. data asamblea
boas, o sonoro maxín ten concerto o 14 así que eu asistirei á asamblea se é o 13, mais supoño que a outra xente pásalle o contrario. que se decida en función da meirande parte dos grupos...
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by Bocixa, on 08-06-2009 22:49,
16. ASAMBLEIA
Ola a tod@s. Xa podedes asinar o MANIFESTO BÁSICO NA DEFENSA DA RADIO E TV PÚBLICA. cONTRA A MARXINACIÓN DA MÚSICA GALEGA na portada de Komunikando. 
Preparamos asambleia para o 13 ou 14 deste mes en Compostela. Ou outro día....que vos parecen as datas....opinade  
É importante que esteades todas as bandas 
Contra a censura!
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by Pito de Pikasso, on 08-06-2009 19:15,
17. apoiamos iniciativas e propostas
Desde Compostela, os Pito de Pikasso manda apoio a Xurxo Souto e ó programa Aberto por Reformas por apoiar incondicionalmente á música galega e en galego durante estes anos.  
Agradecer que nos deran a oportunidade, a nós e a outro cento de grupos, de pasar pola radio e darnos a coñecer. 
 
Polo que estamos aquí, para apoiar calquera iniciativa que promovan os grupos, colectivos e asociacións. 
 
Mantémonos en contacto e contade con nós!
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by Fracasados de Antemano, on 08-06-2009 00:59,
18. Stop Censura!
Os Fracasados queremos expresar a nosa solidaridade e admiración por Xurxo Souto. Mestre, estamos contigo. Desde aqui ofrecémonos a participar en toda canta actividade ou reivindicación se leve a cabo para esixir a readmisión de Xurxo Souto no seu programa radiofónico. Non poderán calarnos...."Somos vitimas dun ataque brutal contra o noso" e non imos ficar calados. 
Todos somos Xurxo Souto 
A Radio Galega pagámola os galegos e é nosa. 
Liberdade e respeito para a nosa cultura, 
Liberdade e respeito para todos nós.
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by Freixo, on 07-06-2009 20:58,
19. Xurxo grazas
Dende fora da Galiza, cantas veces puña no curro aberto por reformas no internet, era unha das cousas que me achegaba a miña terra aínda que estivese lonxe dela, isto da máis forza pra seguir loitadando, Xurxo grazas, esto non partiu ABERTO POR REFORMAS SEMPRE.... e o feijoo axiña partirá.
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by santi, on 07-06-2009 13:07,
20. Desfeita
Isto é unha desfeita para a música galega. Hai que organizarse para facer comunicados e amosar a protesta de todos os que amamos a música galega, e que os periodicos fagan eco de esta desfeita, hai que presionar e presionar, non podemos deixar que isto pase sen mais
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

<< Início < Anterior | 1 2 3 4 5 6 | Seguinte > Final >>

Volver ao artigo



mXcomment 1.0.2 © 2007-2010 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
Grupos
Videos
CD's


2010 Komunikando.net
Joomla! é um Software livre disponibilizado sob licença GNU/GPL.
Estatísticas