Xente nova e brava que presenta un repertorio formado na súa meirande parte por composicións propias, onde se fusionan estilos coma o rock, o reague, a pachanga, ritmos valcánicos, …a troula.
Primeiro disco de Rap integramente en galego, o cal marca un antes e un despois na historia da música galega. Nos 16 cortes que forman o disco, os seus catro mc´s dan renda solta ás súas línguas dun xeito compacto, abordando temas moi diversos como o movemento do HipHop; a realidade cultural, social e política; as realidades persoais deles mesmos; a Monarquía; os problemas deste mundo; a troula; o paso dos anos, etc … As súas letras veñen cheas de realidade, humor, retranca e moito sarcasmo. Poesía explícita e ritmos contundentes.
A editora de camisolas CARAMUXO (www.caramuxo.com) ven de editar un compilatorio con bandas galegas para agasallar a todos os que merquen algunha das súas prendas. O disco -titulado "ESCCOLMA. Escoita e apoia"- contén 21 temas, todos publicados baixo licenza Copyleft, de xente coma Iribarnes, Skárnio, Galegoz, Ataque Escampe, Quant, Fanny+Alexander, O Leo i Arremecághona ou Colectivo Oruga.
Como aperitivo do seu proximo cd, que ainda tardara en sair, a banda estradense Esquios, edita, en formato dixital, 3 temas novos gravados en directo no propio local de ensaio, baixo o nome de Carraxe on Garaxe.
Os temas som: O Samain Onde Andarás E ti riste de min
Podedes descargar estes tres temas e a portada desde AQUÍ