Labazada: Venres 12 de Setembro Pub Gatos, Melide 23:00hs.
Ulträqäns + Bonovo + Quempallou: Festival ElviñaFolk'08 Venres 12 de Setembro San Vicente de Elviña, A Corunha (frente o arquivo Xoana Capdeville) 20:00hs. de balde
Trapallada: Venres 12 de Setembro Fundaçom Artábria, Ferrol 22:00hs. 3€, 8€ com CD.
O Sonoro Maxín + GalegoZ + Sacha na Horta + Kussondulola: Sábado 13 de Setembro A Estrada, Pontevedra 22:00hs. 5€ (inclúe acampada + CD ou Camisola)
O primeiro disco de Loretta Martin, chamase "Paraíso Distante" (falcatruada, 07). O disco sae oficialmente á rúa o 22 de xaneiro de 2007, o novo traballo dos coruñeses Loretta Martin, é unha caixa con doce sorpresas que discorren polo camiño da fusión e nos que o funk, o jazz e a música brasileira modelan o seu estilo cara a uns sons Funk-Rock que animan a bailar.
Chegou o momento de NAO, resultado e consecuencia dun camiño ben trazado, esgotando todos os espazos que toda evolución e consolidación requiren, dende a saída da súa primeira maqueta "Somos" e a posterior "Toma a palabra", situáronse como a gran revelación do rock galego e plantexáronse uns obxectivos, desde aí, concertos cheos de enerxia e forza, un boca a boca incesante, a sensación de estar ante unha banda que mellora a cada chanzo e que poden presumir dunhas letras á altura da súa música, letras que a través da poesía abarcan o amor, o desamor, a revolta ...
Dous anos despois por fin presentan o seu primeiro traballo "As palabras espidas" demostrando que estaban á altura, con 11 novos temas frescos e actuais que dende a óptica do rock, atinxen ao Hardcore, Heavy, Metal, Punk... Gravado nos Estudos Garate de Euskadi baixo a produción de Kaki Arkarazo (Negu Gorriak, Nación Reixa...) conseguiron dentro dun son persoal recoller distintos espíritos, mais mantendo sempre un nexo común. Avante...
Nao esta de volta, agora presenta a sua segunda demo “Somos”, despois do éxito da anterior “Usa a palabra”, onde incluen 3 temas novos, unha version de RATM e a remasterización da anterior demo, en total 11 temas que poñen a base e reafirman a súa proposta, rock, metal, hard-core…
Os Trasnos de Moscoso nacen no 2003 cando tres rapaces de Moscoso e outro de Redondela se unen a través da canle expresiva do hip-hop. Dende o comezo tiñan ben claro o rap que lles apetecia: letras que describan a realidade que os rodea, actitude sincera e bases creativas, fuxindo de certos clichés que rodean a parte da escena hip-hop.