Ataque Escampe pretende acoller en 47 minutos de musica dispersa e aridez sonora todas as contradicións existentes na Galiza, no mundo e na historia da música. De Manuel Antonio aos Tonechos, de John Wayne a Lenin, e de Neil Young aos Panchos. A resolución, no mellor dos casos, estará nas orellas d@s que escoiten.
Aqui tedes a maketa que sacou Bonovo para promocionar-se, totalmente autoproducida e com umha calidade que asombra, sem dúbida, Bonovo já forma parte do futuro da música da galiza.
Tras algo máis dun ano dende o nacemento do grupo, Capitan Furilo autoedita o seu primeiro EP baixo o título de POP?, o grupo desarrolla o seu pop directo e sen complexos que supon a consolidación do grupo e a definición do seu propio sonido.
Pop? é un traballo composto por cinco temas que foi grabado o pasado mes de Outubro de 2007 nos Estudios Océano de Nigrán e está autoeditado polo grupo co fin de garantizar a difusión das suas cancións. Capitán Furilo, publican as cinco cancións na rede co fin de que cada persoa libremente poida descargalas.
Podes baixar un Zip de 20 MB cos cinco temas do EP de Capitán Furilo en mp3 ou baixalos directamente visitando aregueifa.net :