Pito de Pikasso + Membrillo Fanegas: Sábado 4 de Setembro Sala Super 8, Ferrol 22:00hs. de balde
Os Tres Trebóns + Labregos do tempo dos Sputniks + De outra margem + Uxía + Afro-Vungo: Festival da Poesia Sábado 4 de Setembro Salvaterra do Minho 22:00hs. de balde
Lamatumbá: Festas do Pan de Neda Domingo 5 de Setembro Neda, A Curunha
Reices, Xermán, Tino, Marcos e Mustaf (ex-compoñentes de disKordia, grupo co que quedamos finalistas de diversos concursos como A Coruña Son, GzCrea e outros, ademais de tocar por boa parte da xeografía galega) enleamos á Catuxa para botar a andar un novo proxecto no que buscamos un son máis escuro do que estabamos acostumados a facer, con claras influencias da música dos anos 70.
Os John Deeres presentamos en directo un repertorio propio composto por temas de corte rock clásico, adubados con pinceladas hard rock e algunha pinga de psicodelia. Ademais, tocamos versións de grandes do rock como Led Zeppelin, Black Sabbath, Hendrix, Danzig, ACDC...
Os John Deeres temos en mente a gravación dun primeiro EP durante este ano, e devecemos por presentar en directo os nosos novos temas, como xa comezamos a facer no verán pasado en lugares coma O Festidoiro de Cuntis, o Esmorga de Cambados, o Clavicémbalo de Lugo, o Auriense de Ourense, o Roi Xordo de Allariz...