Tras consolidarse como único Festival do seu estilo en Galicia e como referente da Música Reggae e Músicas do Mundo, celebrarase o próximo
6 de setembro a VIII edición do
Foundation Reggae Festival, no Paseo Marítimo de
O Burgo (Culleredo).
Nesta edición, como en anos anteriores
a ENTRADA será gratuíta.
Actuarán grupos de renome e proxección musical, tanto a nivel galego como internacional:
- Som do Galpom - Santiago
- Emeterians – Madrid
- Nayaband - Canarias
- Elijah & The Dubby Conquerors
- Toure Kunda - Senegal
Ademais da música, completarán a oferta do Foundation diversas
actividades paralelas como
mercado,
talleres,
Sound Systems,
hinchables para nenos,
malabares...
Contará tamén con
zona de acampada e
servizo de autobuses cada media hora e ao rematar os concertos.
Estas actividades da
Asociación Cultural Negus organizadora do Foundation arrancarán o día anterior,
5 de setembro, no
Forum Metropolitano de A Coruña coa proxección do documental:
RASTAFARIS - A MÍSTICA DE BOB MARLEY, unha conferencia a cargo de
ANDUALEM MULUGETA BEKELE e
ALEM DINKENESH MULUGETA:
ETHIOPIA - THE HAILE SELASSIE I MEMORIAL FOUNDATIO – ONE NESTA ROOTS, e un concerto de
NAYABAND adianto da súa actuación no Festival.
Mais info: www.foundationreggaefestival.com