|
Conferencia "A canción como protesta" |
| Views |
269  |
|
| Queremos anunciar a conferencia do Festidoiro 2008 que baixo a lenda "A canción como protesta" reunirá na Casa da Cultura "Roberto Blanco Torres" de Cuntis ás 21:30 horas do vindeiro mércores 13 de agosto, a algúns dos protagonistas do que foi e do que é a música galega de protesta social e combate.
Na charla intervirán, Vicente Araguas (Cofundador de Voces Ceibes), Davide Senén Otero (Cofundador e vocalista de Xenreira) e Paulo Tobío (Vocalista de Skárnio).
Invitámosvos a difundir e participar desta iniciativa pola defensa e difusión da Música Galega en Galego que dende O Fervedoiro están levando a cabo.
E como non podía ser menos, tamén vos animamos a que pasades por Cuntis tanto o día 13 coma o 22 de Agosto, no que se celebrará o Festival Fervedoiro'08. Mais Info: ofervedoiro.blogaliza.org |
Users' Comments (0)  |
|
|