| Views |
179  |
|
Xa está preparada unha nova edición do Festival Terra Brava que terá lugar no lugar máis fermoso do mundo que se chama O Incio (Lugo). Durante a xornada do Domingo 24 de Agosto estades convidados a vir e pasar todo un día de festa connosco. Haberá música dende a mañá cos incansables Gaiteiros da Requinta da Laxeira, un xantar para o cal haberedes de reservar prato antes do día 21 no teléfono 982 427 023, máis música de sobremesa cos gaiteiros, xogos pra os cativos e maiores e a actuación do noso contacontos preferido, Celso Fernández. Achegándose a noitiña virá o turno da Turre´s Band, Os Tres Trebóns e os Ulträqäns. E se quere chover que chova!!
Users' Comments (0)  |
|
|