| Views |
372  |
|
O 19, 20 e 21 de setembro son as datas escollidas para celebrar a sexta edición de Reperkusión. O lugar, Allariz, un enclave natural que se atopa na provincia de Ourense. Nesta ocasión o festival recupera o espírito de rúa co que se orixinou, levando actividades e espectáculos fóra dos recintos habituais. Xa se confirmou o cartel deste ano, con concertos, djs e actuacións de rúa para todos os gustos, en Komunikando.net, destacamos as actuación de: Venres 19 O Sonoro Maxín, Tonino Carotone, Los Delinqüentes, ...
Sábado 20 Eiquinos Jazz Quartet, A Magnifique Band dos homes sen medo, Roy Paci & Aretuska, La Troba Kung-Fú, Bodega Bodega, Iratxo, ... Domingo 21 Sacha na Horta, Phantom Club, Miñor Swing, Vichelocrego, ... Durante os 3 dias poderemos desfrutar dos espectáculos de Pista 5, Teatro Babaluva, Bumtaka Perkusión, Dj Capuzzi e Señorita X, Circo Express e Camilo Clown. A oferta cultural de Reperkusión'08 amplíase con obradoiros, mercadiños, pasarrúas, exposicións, performances, etc… Celebrarase tamén a VI edición do Encontro de Malabares e Artes do Circo. Como en anteriores edicións, a música e a cultura dánse cita en Allariz para unir artistas de distintas disciplinas (música, danza, teatro, circo, fotografía, etc…) durante 3 días e 3 noites de festicultura. Mais Info: www.reperkusion.com
Users' Comments (0)  |
|
|