Quem anda no Chat?

0 utilisateur

    Concertos

    Os Trasnos de Moscoso + Nach + Morodo + Sucias Ratas + DJ CRO + DJ Limbo:
    Microfest 6
    DataSábado 22 de Novembro
    LugarMultiusos "Fontes do Sar", Compostela.
    HoraToda a tarde.
    Entrada15€
     
    Komunikando.net no teu Correio-e
    no teu Correio-e:
    Visita este grupo
    Esta web apoia � iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
    sono-tone.net
    aregueifa.net
    AudienciaZero.org
    Festivaleiro2008
    Em Portada
    I Premio Festivaleir@ 2008
    Views 653    


    Komunikando.net, ven de crear o Iº Premio ao Festivaleir@ do 2008, se conehces a alguem ou se crees que ti mesm@ cumples os requisitos e que es merecedor ou merecedora de tam impresionante e importante mençom, anímate e participa enviando o teu "Currículum Festivaleiro", lee as bases e komunikanos o teu festexar.

    Ha que lembrar que já no 2006, Komunikando.net intentou solucionar certos problemas que os Festivaleiros e Festivaleiras tinham quando remataba o verám, e por isso fundamos a ONG SOS Perloca "Apadrinha um festivaleiro", pero este ano queriamos mais e por isso sacamos à luz esta nova iniciativa.


    BASES DO PREMIO FESTIVALEIR@ 2008

    • 1. Poderán participar tódalas persoas que mediante fotos ou videos acrediten a súa presenza nun festival da Galiza.

    • 2. Cada candidato deberá ter unha reseña “Curriculum Festivaleiro” na que se explique os festivais nos que estivo ou anécdotas.

    • 3. Calquera persoa poderá propoñer a calquera para participar no premio, consultando anteriormente ca persoa nominada a súa presenza en dito premio e estar de acordo en ser candidat@.

    • 4. Para propoñer a un candidat@ é necesario enviar o mail do candidato con nome e apelidos e o seu número de Telf., así a organización asegúrase o consentimento, para participar no premio, da persoa nominada.

    • 5. As persoas candidatas iranse publicando na web por orden de chegada, e a organización poderá difundir os candidatos en calquer tipo de medio de comunicación ou na rede, facendo referencia ó premio.

    • 6. Os membros de Komunikando.net darán o veredicto final según a orixinalidade da foto, video, texto, número dos festivais nos que participou durante o 2008, etc. O público poderá axudar a resolver o fallo da organización engadindo comentarios ou votando, contando anécdotas, participacións festeiras, presenzas enrriba do escenario, etc.

    • 7. A pessoa que reciba o premio FESTIVALEIR@ 2008 será anunciada nun dos últimos festivais do ano aínda sen determinar. Poderase participar e tamén propoñer candidat@s ata o último instante.

    • 8. Os candidatos e candidatas deberán ser remitidos ao correio-e: aperloca[arrob]komunikando.net e deberán adxuntar todo o exposto nos anteriores puntos.

    • 9. A organización resérvarase o dereito a publicar ou non as candidaturas presentadas.

    Asinado.
    Asociaçom Kultural Komunikando.net
    Música da Galiza

    Correio-e:
    aperloca[arrob]komunikando.net



    Cita este artigo na tua web Imprimir Enviar por correio electrónico Publica isto em CHUZA!

    Users' Comments (3) RSS feed dos Komentarios
    Posted by un festivaleiro, on 16-09-2008 15:21,
    1. PROPOSICIÓN
    Candidata e candidatos, vos que sodes os máis festivaleiros e eira do país, porque non propoñedes contricantes??? ou é que tedes medo a competir???
     
    » Notificar este komentario ao administrador
    » Responder a éste komentario...

    Posted by chimpa na palla, on 13-09-2008 00:08,
    2. transparencia!
    Poñede menos literatura de tradición oral no comentario dos festivaleiros (pouca obxectividade),e pola contra, engadide un listado riguroso con datas e lugares das festas a que acudiu cadaquén. Xa veredes como así outros se animarán a mete-los seus currículos festeiros.
     
    » Notificar este komentario ao administrador
    » Responder a éste komentario...

    Posted by Festivaleiro, on 04-09-2008 14:20,
    3. Parece feito a miña medida!!
    Un bicazo para vos tamén!!!! :grin
     
    » Notificar este komentario ao administrador
    » Responder a éste komentario...

    Engade o teu komentario



    mXcomment 1.0.2 © 2007-2008 - visualclinic.fr
    License Creative Commons - Some rights reserved
     
    < Anterior   Seguinte >
    Grupos
    Videos
    CD's


    2008 Komunikando.net
    Joomla! é um Software livre disponibilizado sob licença GNU/GPL.
    Estatísticas