| Views |
2378  |
|
| “KAO de Mos” non traballa en ningunha montaxe de escearios, tampouco e dono de ningunha empresa de son, tampouco é guardia de seguridade nen está en Protección Civil, entón, que fai KAO enrriba dos escenarios nos festivais? Kao non é de Neda para ser asaltapalcos, pero é de MOS! ahí o podedes ver, animando os músicos a bailar o estilo de baile máis auténtico, na dianteira de tódolos festivais da Galiza o “KAO de MOS”.
Un mítico do Rebumbio do Monte do Rebullon en Mos, non do loqueiro que alí se atopa senón do festival que alí celebra a Asoc. Xuvenil o Rebumbio. Membro da comparsa máis turística de tódolos tempos da historia da Galiza, OS VERANANTES, unha charanga composta por FESTIVALEIROS DE NACEMENTO, posuidores da verbena, expertos na sesión vermú, na merenda e no chocalate cos churros, están en tódas as carralladas do verán na Galiza.
KAO non para! Estibo no concerto de Dios Ke Te Crew na HABANA, Festixeve en Pontevedra, Rebumbio de Mos, Festa Folc de Vilariño, Castañazo Rock de Chantada, Festival de Neda, Festichan en Moaña, Festigal, Revenidas de Vilaxoan, Mostra de Culturas en Boiro, Festival Taiña, Festival de Cans, Millo Verde de Redondela, Festivalinho de Aldán, RockinOia, Frikiroga, Cultura Quente de Caldas, Festa da Chuvia de Ribeira, Fax de Ourense, Brinkadeira de Ordes, e os que lle queden ata final de ano.
| |
Users' Comments (20)  |
|
|