Temos 4 visitantes online

Concertos

Som do Galpom:
DataXoves 18 de Marzo
LugarCasa das Crechas, Compostela
Hora22:30hs.
Entrada
 
Capitán Furilo:
DataVenres 19 de Marzo
LugarPub Gatos, Melide
Hora01:30hs.
Entrada
 
Ergom:
DataVenres 19 de Marzo
LugarGentalha do PIchel, Compostela
Hora22:00hs.
Entrada3€
 
NAO:
DataSábado 20 de Marzo
LugarPub Swass. Ourense
Hora
Entrada
 
O Sonoro Maxín + Sacha na Horta + Pandereteiras Bouba + Pallas*s en Rebeldía:
DataDomingo 21 de Marzo
LugarSala NASA, Compostela
Hora17:00hs.
Entrada5€
 
Komunikando.net no teu Correio-e
no teu Correio-e:

Visita este grupo

Asociacion Galega de Musicos ao Vivo
Esta web apoia � iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
sono-tone.net
aregueifa.net
AudienciaZero.org
Lucia de Foz
Views 1607    

Lucia de Foz
Foto: Aquí vemos a nosa protagonista (esquerda, of course) cunha improvisada amiga (completamente descoñecida). Ao fondo á esquerda, con cara de malote, o Sr. Don Suso Sanmartín ;).

Lucia de Foz, pois sí!

Pois sí! Pensamos que é xusto e necesario apoiar indiscutibelmente esta candidatura… por qué?… pola simpatía, polo saque, polo bó humor e pola CONSTANCIA desta muller, unhas características que se repiten ano tras ano, deixando pegada xa desde que era ben pequeniña polos campos da festa adiante…

Ben, vexamos, comezou o ano 2008 mercando 20 discos dos 120 capadores no bairro de Elviña na Curuña, para, despois de coller os farrapos antroideiros en Laza, entablar grande amizade co mesmísimo Cañita Brava desprazando así á própia Chenoa das súas adicatorias,  nen corta nen perezosa, celebrou o encontro dos Siareir@s Galeg@s en Ourense.

A semana seguinte, e no mesmiño lugar fixo de cheer-lider no 1º campionato mundial de futbolín (con enormes resultados). Non pasaron 6 dias e xa estaba nas festas de Muiños “dándolo todo”. En xullo cambiou de aires e foise a Caldas, sobrevivindo a 2 duras xornadas rodeada de “popis” (iso sí que ten mérito). No festival da Terra e da Língua de Artábria acabou coas garimbas, e no Festixeve co licor café. Nas revenidas de Vilaxoan aghuantou máis que os dilleis! Na festa da Dorna en Riveira conxurou a chuvia, e así até rexeitar várias propostas de matrimónio celta en Bretoña (así son as cousas)… a noite seguinte curou a resaca na festa do Bonito en Burela, e acabou recollendo cables no palco. En Santa Tegra (Castro Caldelas) destacou polas súas improvisadas e diversas coreogafias, cousa que refrendou por riba e por baixo do palco no Terra Brava do Incio, mimadriña!!. Non deixou os longheiróns con vida no festival da Anchoa en Fisterra. No Rebúmbio de Mos tivo que aghuantar ao pesado de Óscar Pereiro (que cantaba entusiasmado “Farlopa pa’la Tropa”, lástima de non ter documento gráfico) …arf, arf… a última vez que se lle localizou foi nas festas de Santa Clara en Santiagho, onde, “entonou” a dúas voces, coa cantante da Oquestra Salón “Qué hiciste, Mariscadora” co saber facer que a caracteriza, meu deus!!


Cita este artigo na tua web Imprimir Enviar por correio electrónico Publica isto em CHUZA!

Users' Comments (9) RSS feed dos Komentarios
Posted by outra vez o gasterópodo, on 22-09-2008 13:46,
1. saúdos a Montse
Pois saúdos a Montse! tedes máis fotos dela?? 8)
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by gasterópodo, on 22-09-2008 13:40,
2. outra festivaleira xa!
É máis, e xa fóra coñas, postularia e esta xeitoss rapaza, cuxo nome aínda descoñecemos, para outra candidatura á festivaleira do ano, ou se quer unha candidatura conxunta, ou o que sexa...todo sexa pola festa, óxtia!! :p 8)
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by gasterópodo, on 22-09-2008 13:37,
3. ok
Ok, como autor do texto rectifico e solicito as desculpas... 
o que queria dicer era que se acababan de coñecer nese mesmo instante (aínda que nen unha nen a outra pode que o lembren...) ;)
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by gundisalvo, on 22-09-2008 06:10,
4. Coñecida/descoñecida
Pois a que está á súa direita, Montse, éche ben máis coñecida nos ambientes da farra santiaguesa, dito sexa con todos os respetos, que a tal Lucía. Todo é relativo...
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by Gundisalvo, on 22-09-2008 06:06,
5. Coñecida....
Pois a que está á súa direita non a coñeceredes, pero eu diría que é bastante máis coñecida en Santiago que a tal Lucía....
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by caachisnamar, on 20-09-2008 14:19,
6. fervestivaleira
o voto xa o tes mais terás que defender moi ben a tua candidatrura no fervesteiro!!!!!!!!
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by raxozorza, on 10-09-2008 21:48,
7. a proba do delito!
Aquí está a proba da adicatoria do Cañita!! 
 
 
 
http://br.youtube.com/watch? v=Oc_MyZUeijA 
 
:grin :grin
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by anxo lois, on 10-09-2008 21:34,
8. noraboa
8) si, si unha festivaleira con curriculum envexable, ANIMO FESTIVALEIRAS, ANIMO!!!!!
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by Festivaleira, on 10-09-2008 20:10,
9. Lucía, eres a ostia!
Arriba as mulheres Festivaleiras!!!!! :zzz
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Engade o teu komentario



mXcomment 1.0.2 © 2007-2010 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
Classificação: / 39
FracoBom 
 
< Anterior   Seguinte >
Grupos
Videos
CD's


2010 Komunikando.net
Joomla! é um Software livre disponibilizado sob licença GNU/GPL.
Estatísticas