|
Zënzar, preparan novo traballo e concerto en Brión |
| Views |
1060  |
|
| No Centro Social Polivalente do Concello de Brión, ten Zënzar un concerto enmarcado nas actividades do Outono Cultural de Brión. Será o Sábado 4 de Outubro de 2008, a partir das 20:00hs. con entrada de balde. A pesares do horario intempestivo para un concerto de rock, non debedes perdervolo pois nel poderedes ver unha formación de Zënzar inédita ata o de agora... Con este concerto rematan as actuacións de Zenzar por unha tempada, na que se van a adicar á preparación do seu novo traballo en estudio. Traballo que pretenden grabar en febreiro de 2009 nos Estudio Oceano-Nigrán, baixo a dirección coma sempre de Xabier Abreu. |
Users' Comments (0)  |
|
|