Em Portada seta Todas as Novas seta Comunicado de Zënzar, 20 anos de Rock en galego
Comunicado de Zënzar, 20 anos de Rock en galego
Views 1351    

Zenzar

Cando se cumpren os primeiros vinte anos de Zënzar nos escenarios, dicirvos que Zënzar segue neste mundiño do rock con mais forza que nunca, e prepara a gravación do seu novo traballo en estudio, a cal comenzou o sab. 24 de xaneiro, e será presentado a todos (salas, fans, programadores, medios, etc.) na primavera do 2009, do cal recibiredes cumprida información a medida que se vaia perfilando (audio, textos, etc.)

Por esta razón esperamos que sigades contando con Zënzar como o fixestes ata o de agora, pero queremos sinalarvos que a contratación do grupo estará aberta xustamente a partir da presentación do novo traballo, ou sexa : verán e inverno 2009, pois deste modo xa poderedes disfrutar en directo das novas composicións do grupo, e tamén onde sexa posible, da presencia dúns colaboradores  que incorporaremos para parte do repertorio de Zënzar, a partir do vindeiro ano, e que cubrirán as seccións de percusión, gaita e ventos, algo que xa veredes reflexado nalgún tema do novo traballo da banda, traballo que estará composto por 13 novas composicións (A Tribu, Raeñala, Informal, Caneando Ruainas, ect. ...), algún canción  sorpresa e unha ou dúas pistas adicionais de vídeo, e coma sempre a colaboración dos nosos colegas "músicos", todo elo pasado adecuadamente pola batidora do noso productor de "toda a vida" Xavier Abreu, no seu estudio Océano en Nigrán.

Con este traballo Zënzar espera dar outro paso adiante e ofrecer o mellor de si mesmo para seguir manténdose como referencia do rock galego.

Zënzar en Komunikando.net



Cita este artigo na tua web Imprimir Enviar por correio electrónico Publica isto em CHUZA!

Users' Comments (0) RSS feed dos Komentarios

Nemhum komentario guardado

Engade o teu komentario



mXcomment 1.0.2 © 2007-2010 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
 
< Anterior   Seguinte >
Grupos
Videos
CD's


2010 Komunikando.net
Joomla! é um Software livre disponibilizado sob licença GNU/GPL.
Estatísticas