Temos 4 visitantes online

Quem anda no Chat?

0 utilisateur

    Concertos

    Labazada:
    DataVenres 12 de Setembro
    LugarPub Gatos, Melide
    Hora23:00hs.
    Entrada
     
    Ulträqäns + Bonovo + Quempallou:
    Festival ElviñaFolk'08
    DataVenres 12 de Setembro
    LugarSan Vicente de Elviña, A Corunha
    (frente o arquivo Xoana Capdeville)
    Hora20:00hs.
    Entradade balde
     
    Trapallada:
    DataVenres 12 de Setembro
    LugarFundaçom Artábria, Ferrol
    Hora22:00hs.
    Entrada3€, 8€ com CD.
     
    O Sonoro Maxín + GalegoZ + Sacha na Horta + Kussondulola:
    DataSábado 13 de Setembro
    LugarA Estrada, Pontevedra
    Hora22:00hs.
    Entrada5€ (inclúe acampada + CD ou Camisola)
     
    Trapallada:
    DataSábado 13 de Setembro
    LugarPontevedra
    Hora
    Entrada
     
    Komunikando.net no teu Correio-e
    no teu Correio-e:
    Visita este grupo
    Esta web apoia � iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
    sono-tone.net
    aregueifa.net
    AudienciaZero.org
    Em Portada seta Grupos seta ZËNZAR
    ZËNZAR criar PDF versão para impressão
    Views 2980    

    “Da terra das sombras e da escuridade…” Así foi como empezou todo aló polo principio do outono , na Meirama do 1987. Ben é certo que os “artistas” agora coñecidos como ZËNZAR, non tiñan o mesmo nome como grupo. MÖRDOR foi o primeiro nome elexido.

    Como curiosidade a primeira canción que todos se puxeron de acordo en tocar foi unha versión do “Jumpin Jack Flash” que cantaba Tabe (J. Antonio) en castelán. As primeiras composicións propias foron “Fuera de Lugar”, “Cosa Blanca”, todo un clásico, daquela aínda en evolución, e hoxe en día regrabado no que é o último disco da banda.

    No nadal do 1988 Mördor debuta no pub NON SEI de A Silva en formación de sexteto, ca cal chegarían ata xuño do 1991, momento no que pasan a cuarteto, ao abandoar o grupo Manuel Jesús (teclados) e Luis (guitarra), por distintos motivos. Isto pasou despois de tocar en sitios como o Picolinos (Cerceda),Discoteca Plató (Calle de Cristal), no 1º Festival Rock de Meirama, semente para o Festival de Cerceda. De todo o máis destacado foi unha grabación que se fixo dunha actuación en Meirama en marzo do 1990, non tanto pola calidade da mesma, xa que foi feita nun casete portátil, senon como documento histórico, posto que é a única en forma de sexteto, e porque nela se poden escoitar as primeiras cancións do grupo, tanto propias coma as versións empregadas para completar repertorio (Tiempos Nuevos de Ilegales, La chica de ayer de Nacha Pop, Lucille, flor de luna de Santana, etc.), nada que ver co camiño tomado máis tarde polo grupo, pero así son os principios…

    Zenzar

    No verán do 1993 prodúcese o troco de nome, por motivos legais, pasando a chamarse, xa para sempre, ZËNZAR. Esto ocorre pouco despois de grabar a finais do1992, ainda como Mördor, a sua 1ª maketa baixo o título de “Contos e Lendas de Terra Adentro”, incluindo cinco temas, xa verdadeiros clásicos no seu repertorio, tamén dou que falar a portada onde a policia local de Cerceda persegue a uns ladróns no seu famoso Mercedes. Nese mesmo ano (92) aparecen dous temas no vinilo “Rock Na Costa Da Morte”, recopilatorio onde participan seis bandas coruñesas da zoa, ningunha das cales segue en activo na actualidade excepto ZËNZAR. Nesta época o grupo xa da multitude de concertos por toda a provincia coruñesa. Por daquela o grupo xa empeza a ser valorado fora do seu entorno habitual, sobre todo na zoa da Costa da Morte ond

    e fan bastantes actuacións.

    E así chegamos o 1995 ano no que editan a súa 2ª maketa “Fascinados polo Prohibido”, composto de oito temas .Nela xa se ve claramente por onde vai ZËNZAR, Rock contundente e letras en galego. Algún tema dela converteuse en obligado no repertorio coma “O Blues da gorxa seca” ou “Bourando”. Aquí compre destacar os dous concertos con Extremoduro e outros con Platero y Tu, Boikot, Manolo Kabezabolo, Barón Rojo, etc. Saindo a tocar por tada a xeografía galega.

    No 1997 prodúcese a saída á rúa do seu primeiro L.P. “Disparados o Futuro”, composto de doce temas grabados nos Estudios Fussión de Vigo, con Xavier Abreu de técnico. ZËNZAR reafírmase no seu Rock potente edifícil de catalogar, onde predominan as letras combativas, de denuncia social, ecoloxía e manexos políticos. Este é un disco no que a pesares da variedade estilística apreciase unha linea homoxenea e persoal que fai del unha colección de cancións que encaixan perfectamente unha tras outra.

    O grupo fai unha extensa xira de presentación que se prolonga nos dous anos seguintes, onde destaca a participación no primeiro Alen Galicia na Illa de Arousa, e no 1º Santi Rock en Compostela.

    Neste mesmo ano 97 colaboran en dous recopilatorios: Bamban Vol. II e 8 anos de Sequestros con un tema en cada un.

    Zenzar

    Unha vez rematada esa xira o grupo entra nunha pequena fase de letargo onde se actúa menos e se buscan novas ideas para novas composicións, agora xa ca axuda do novo guitarrista Mario Grela, incorporado xa a xira “Bourando” do disco “Disparados ó Futuro”, aportación que se fará notar tanto no directo coma no estudio de grabación, contribuindo firmemente a compactar a música da banda nas súas aparicións en directo.

    Deste xeito na primaveira do 2001 sae a lus o segundo longa duración da banda, una autoprodución do grupo tamén grabada nos estudios de X. Abreu, que baixo o título de: “Todo Vai Ben”, agrupa trece cancións ben tocadas e cantadas todas elas en galego. Unhas cheas de forza e enerxía (Chove, Johnny, Nin un día máis, Ratos no horreo), outras que combinan tempos medios con outros momentos de gran contundencia (Chegando a casa, Camilo, Cheira mal,…). As curiosidades son a inclusión en dous temas de instrumentos tradicionais como a gaita de Xan ” Papaqueixos” en Todos me queren e o acordeón de R. Sanjurjo “Diplomáticos do monte alto” en A banda do coche encarnado. Letras irónicas e críticas, contra o caciquismo, a destrucción do medio, contra o poder e a hipocresía. Unha ironía xa presente na portada, presidida polo lume e a morte, na que asasinos e torturadores sorrin á cámara. E na contraportada onde as vacas revolucionarias ameazan con tomar a propia catedral de Santiago, mentras a cidade arde.

    Todo elo fai deste un disco que abrangue todas as tendencias do rock, pero sempre co selo persoal de ZËNZAR.

    O disco recibe moi boa acollida por parte do público e da crítica, aínda que non alcance vendas moi importantes posto que como se dixo non conta con distribución oficial e so coa promoción que fai o grupo nos concertos e outros poucos medios ó seu alcance.

    Nada máis sair á rúa o grupo emprendeu a xira máis longa dende que ZËNZAR existe, non sin moitos esforzos, pois foi totalmente autoxestionada , así ó final do ano foron perto de corenta os concertos feitos. 

    Compre destacar un po riba de todos: o día da patria galega, o 25 de xullo en Compostela, diante de miles de persoas entusiasmadas, con gañas de festa, que disfrutaron como nunca da música do grupo.

    Outros a destacar foron o Grelo Folc en Monfero, o I festival Ordes-rock, o 1º festival música en tempos en Pontevedra e o festival ponte louco en Castro Caldelas-Ourense.

    Xa estamos no 2002. Unha vez rematada a xira de presentación, un remate non exento de incidencias, que fixo que quedara algún concerto pendente. Primeiro pola enfermidade do baixista, ó que sustitui Anxo de “Sensacha”, grupo veciño de Cerceda, e posteriormente pola do cantante .

    Zenzar

    Pois ben, unha vez todos repostos o grupo decidese a plasmar en disco oito temas preparados ó longo dos primeiros meses do ano. A grabación ten lugar na última semán de marzo nos estudios Bonhan de A Coruña. E o disco edítase no mes de xuño dese ano todo elo a cargo do propio grupo.

    Os resultados foron os esperados, a estas alturas van entre ventas e promoción uns 750 exemplares distribuidos , tendo en conta que era un disco máis para fans, onde se facía un percorrido por temas inéditos rescatados dende os principios do grupo.

    Unha vez feito este traballo o grupo reláxase un pouco, non se fai ningunha xira específica para presentar este disco, debido a súa naturaza. De todos xeitos hay bastante actividade ó longo do ano con un total dunha ducia de concertos, destacando a primeira incursión en Madrid na Sala Siroco, xunto con outros grupos como Salida Nula, Hirurko e kambotes. Este ano veu marcado polo afundimento de Prestige, e como non podía ser doutra forma Zenzar participou a finais do ano en dous concertos solidarios que resultaron todo un éxito (pub A Roda-Malpica e Disco-pub Non Sei-Cerceda).

    O 2003 e 2004 son anos de transición, non hay moita actividade en canto a concertos e no grupo empeza a plantexarse a necesidade de poñerse a traballar seriamente nun novo disco para darlle continuidade a esta historia, traballo que escomenza no inverno de 2004, inverno que se presentou máis accidentado do esperado: primeiro suspéndese o concerto na Mardi Grass de A Coruña, por enfermidade repentina de dous componentes do grupo (este concerto por fin se levou a cabo en outubro 2005 con grande entrada de público), despois e para sorpresa de todos M. Silveira, guitarrista fundados abandoa o grupo, e para rematar o ano pecha o Badulake, emblemático local de Ordes, centro de reunión dos rokeiros da zona ó longo de cinco anos.

    Diante deste panorama os restantes membros do grupo deciden tirar pa diante, e así entramos no 2005, ano que resultou ser bastante proveitoso xa que se consegue rematar co traballo de composición dos novos temas para o disco que se está a grabar agora mesmo, xa con Mario como único guitarrista. Este novo formato tamén é posto a proba en directo en dous concertos resultando todo un éxtio, sorprendendonos a todos, temerosos como estábamos de que se notara en exceso a falta de M. Silveira.

    Nestes momentos ZËNZAR está inmerso na grabación do seu cuarto disco nos estudios océano de Nigrán baixo a batuta de Xavier Abreu. Unha canción deste disco formará parte deste recopilatorio.

    O disco será editado por Falcatruada en formato Digi Pack, e incluirá un DVD, con contido diverso: video dun tema, entrevistas, galería fotos, pag. Web., letras, biografía, discografía, algunha rareza, etc.

    Zenzar 2007

    Concertos




    05/10/2007 - LARACHA
    Pub D´Antón - 23:00 - 3 €
    Concertos da Rede de Música ao Vivo
    02/12/2007 - BUEU
    Sala Aturuxo - 21:30 - 3 €
    Concertos da Rede de Música ao Vivo


    Audios



    Descarga - Dalle

    Descarga - Doutor

    Descarga - Tempos Novos

    Descarga - Crus de Marihuana

    Descarga - Berra ben forte

    Descarga - O Padriño


    Formación



    Manolo García: Batería.
    Xosé A. Bocixa: Voz.
    J. Antonio Regueiro : Baixo, Voces.
    Mario Grela: Guitarra, Voces.
    Paco Cerdeira: Guitarra.

    Contacto



    e-mail: Este endereço de email está protegido contra spam bots, pelo que o Javascript terá de estar activado para poder visualizar o endereço de email ou Este endereço de email está protegido contra spam bots, pelo que o Javascript terá de estar activado para poder visualizar o endereço de email
    Bocixa Telf. +34 620 599 007
    Manolo Telf. +34 615 512 023 ou 981 681 400
    Fax
    981 682 087

    A web de Zënzar é:
    www.zenzar.info


    Video - O Padriño



    Video - No Estudio




    Cita este artigo na tua web Imprimir Enviar por correio electrónico Publica isto em CHUZA!

    Users' Comments (2) RSS feed dos Komentarios
    Posted by manolo, on 06-11-2007 09:11,
    1. Castañazo Rock
    unha festa auténtica onde nos xuntamos mogollón de xente que fai rock en Galiza e mogollón de xente de Galiza que vai ós concertos e disfruta da música do país. Tamén parabens para a organización . saúdos
     
    » Notificar este komentario ao administrador
    » Responder a éste komentario...

    Posted by xoel, on 05-11-2007 17:41,
    2. CASTAÑAZO 07 ZENZAR SEMPRE
    rEALMENTE FLIPEI....OS zËNZAR ESTIVERON NO CASTAÑAZO EN CHANTADA E SORPRENDEU QUE ELES ABRIRAN...pero estivo moi ben.Puiden quentar e flipar co seu rock auténtico e sin poses, algo complicado a día de hoxe. 
    Son novo e nunca vos vira e realmente quero mandarvos un berro de ánimo desde Chantada. 
    SIMPLEMENTE ROCK AUTENTICO E EN GALEGO
     
    » Notificar este komentario ao administrador
    » Responder a éste komentario...

    Engade o teu komentario



    mXcomment 1.0.2 © 2007-2008 - visualclinic.fr
    License Creative Commons - Some rights reserved
    Classificação: / 15
    FracoBom 
     
    < Anterior   Seguinte >
    Grupos
    Videos
    CD's


    2008 Komunikando.net
    Joomla! é um Software livre disponibilizado sob licença GNU/GPL.
    Estatísticas