RUXE-RUXE presenta o videiro Martes 5 de Decembro na Sala Capitol de Santiago de Compostela o seu novo disco, “Comercial” son once cavilacións en venda. Son once ideas cativas e retorcidas que se trocan por diñeiro e que endexamais estarán de saldo. “Comercial” son once principios escritos en papel de fumar e que combusten entre os beizos mentras enervan os teus argumentos. “Comercial” es ti mercando a nósa ialma… …tás avisado!
O concerto comezará ás 22h. e a entrada custa 5€ adiantada (discos Gong, Pub “O Trasgo”) e 6€. en taquilla. Se queredes concertar unha entrevista chamar aos Telfs. 606114963 / 676268496