| Views |
968  |
|
Este traballo de Guezos, foi gravado nos Estudios Mu! de Vigo coa producción de Pedro Feijoó na Primavera de 2009. Cada unha das oito cancións que compoñen o disco é unha viaxe musical distinta. Coñecemos o punto de partida pero nunca o de chegada, que será sempre unha sorpresa sonora. Oito destinos tamén é o traballo de oito persoas altamente implicadas durante máis dun ano de composición, ensaio e gravación. O disco está composto polos temas: Guezada, A Esmorga, Acción-Reacción, Identidade, Todo Perfecto, Vals do Regueiro, Amodo, Terradentro (vers. 2009).
Users' Comments (2)  |
|
|