Temos 19 visitantes online

Concertos

Som do Galpom:
DataXoves 18 de Marzo
LugarCasa das Crechas, Compostela
Hora22:30hs.
Entrada
 
Capitán Furilo:
DataVenres 19 de Marzo
LugarPub Gatos, Melide
Hora01:30hs.
Entrada
 
Ergom:
DataVenres 19 de Marzo
LugarGentalha do PIchel, Compostela
Hora22:00hs.
Entrada3€
 
NAO:
DataSábado 20 de Marzo
LugarPub Swass. Ourense
Hora
Entrada
 
O Sonoro Maxín + Sacha na Horta + Pandereteiras Bouba + Pallas*s en Rebeldía:
DataDomingo 21 de Marzo
LugarSala NASA, Compostela
Hora17:00hs.
Entrada5€
 
Advertisement
Komunikando.net no teu Correio-e
no teu Correio-e:

Visita este grupo

Asociacion Galega de Musicos ao Vivo
Esta web apoia � iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
sono-tone.net
aregueifa.net
AudienciaZero.org
Em Portada seta CD's seta Ataque Escampe - A grande evasión
Ataque Escampe - A grande evasión
Views 906    

Ataque Escampe - A grande evasion

Podes baixar un Zip de 66 Mb cos cinco temas de A grande evasión en mp3 dende A REGUEIFA PLATAFORMA:

 1. A grande evasión
2. Europa e o ballet
3. Turnip fields forever
4. Narval
5. Lavacolla
6. A febre
7. Sempre nos matan
8. Os vingativos
9. Ti es lawrence?
10. Alvedro
11. O futuro da navegación
12. O último vampiro
13. No estómago dun crocodilo
14. Estrela errante
15. Peinador
16. A abordaxe final
17. Criptozooloxía aplicada
18. Non hai lúa
19. Alcatraz
 
ATAQUE ESCAMPE - A grande evasión
Porque existe o mundo e pode ser de todas... Despois de "Galicia es una mierda", Ataque Escampe emprende, neste seu segundo disco, a aventura de construír unha epopea: fuxir da prisión para regresar novamente a ela. Teñan o valor de deixarse levar e acompañar ao grupo nesta longa singradura polas melodías da evasión. De certo que acadarán os lugares máis xélidos e afastados, coñecerán as especies imposíbeis e verán solpores que nunca existirán. E perdan coidado polo seu posto de traballo estábel e remunerado, alí onde irán non o han necesitar. Leven, iso si, unha grande mala, pois estas historias son coma souvenirs: pequenas e baratas na súa extensión, mais enormes ao nos transportaren ao lugar máis inseguro, capitais a arder de ruído, continentes especiais, espaciais. E lembre, o seu camarote está nas orellas, pécheas se non quere que lle rouben algún obxecto valioso Ladies and gentlemen, tomen asento, pechen os ollos e vaian quentando os pés. Come fly with us. A aventura pode comezar.

Participaron n`A grande evasión:

  • Álex Charlón: voz, coros
  • Marco Gelpi: guitarra eléctrica
  • Miguel Mosqueira: guitarras, baixo, coros, voz
  • Samuel Solleiro: banjo, guitarras, slide, xilófono e coros.
  • Roi Vidal: batería electrónica, kazoo, coros.
  • Francesc 'Paq' Esteve: acordeón.
  • Xoán Lois G. Carlín: piano, teclados e sintetizadores.

Coa colaboración especial de:

  • Luís Garrido: saxo alto en “No estómago dun crocodilo”
  • Roi do Forno: violín en “Europa e o ballet”
  • Manuel Payno: trompeta en “Non hai lúa”

Gravouse nos estudios do edificio Avante (Santiago de Compostela) durante o mes de marzo e foi mesturado e masterizado en abril de 2009.

  • Gravación: Marcos Payno e Tomás Axeitos
  • Mesturas: Tomás Axeitos e Marcos Payno
  • Masterización: Chou
  • Fotografía: Alba Viñas
  • Deseño gráfico: Xosé Carlos Hidalgo

Acompañáronnos nesta grande excursión (sen sabelo): John Sturges, María do Cebreiro, Don Siegel, John Huston, Walter Winser, Lonnie Chatron, Antonio Molina, The Mamas & The Papas, Koji Kondo, María Lado, Lee Marvin, The Beatles, Nicholas Ray, Raoul Walsh, David Lean, Neil Young, Andrés do Barro e The Shadows. Elas e eles saberán disimular. A propiedade intelectual é un roubo. Obrigadas a toda a xente que nos quere, xuntas ou por separado. Producido e perpetrado por Ataque Escampe.

Info tirada de: A Regueifa Plataforma.


Escoita "Europa e o ballet"



Cita este artigo na tua web Imprimir Enviar por correio electrónico Publica isto em CHUZA!

Users' Comments (0) RSS feed dos Komentarios

Nemhum komentario guardado

Engade o teu komentario



mXcomment 1.0.2 © 2007-2010 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
 
< Anterior   Seguinte >

O Sonoro Maxín
A rúa do perigo
Grupos
Videos
CD's


2010 Komunikando.net
Joomla! é um Software livre disponibilizado sob licença GNU/GPL.
Estatísticas