| Views |
1958  |
|
Dende Galiza, con lixeira asíncronía
bOnOvO nace como un proxecto musical co propósito de colmar as inquedanzas de tres músicos na procura dunha nova sonoridade. A mistura das músicas que levan no seu interior conforman o trío... Lixeiramente asíncrono. A esencia dos sons acústicos salseados con tecnoloxía de vangarda, quere romper barreiras co establecido, explorando alén do coñecido as posibilidades de tres instrumentos tan polivalentes. bOnOvO comezan aquí o camiño na busca dun son que non entende de etiquetas, que ten como principio fundamental a fusión de tres instrumentos e tres personalidades de seu, nunha simbiose musical imprevisíbel.
bOnOvO propón un espectáculo inquedo, cun ritmo frenético e bailábel, que non deixará a ninguén indiferente. Pode ou non facer bailar teu corpo, pero de seguro que si o fará a túa mente.
Óscar Fernández :: A zanfona, instrumento de fonda raigame galega, toma unha nova dimensión nas súas mans, incorporando os últimos avances e complementándose cunha cadea de procesadores e samplers. Roberto Grandal :: Sendo o acordeón unha máquina de acompaña-mento case perfecta, engade un envolvente baixo e un repertorio de instrumentos como piano, cordas ou frauta controlado ao vivo. Impactante! Pulpiño Viascón :: Un multi-instrumentista sorprendente! Toca o serrucho e te mergulla coa súa voz “in the ocean”. A versatilidade e contundencia das súas percusións sustentan a rítmica de bOnOvO.
Users' Comments (5)  |
|
|