| Views |
895  |
|
Revenidas é unha idea orixinal e innovadora. Recuperando unha celebración histórica (festa das sardiñas revenidas),perdida dende a guerra civil, mesturando a exaltación gastronómica da sardiña cun festival de música, arte e animación galega e alternativa. Este ano as Revenidas chegan a Vilaxoán de Arousa, o 17 e 18 de Xullo, e contan con: Grupos Musicais: Alamedadosoulna show, Quempallou, La Kinky Beat, Kogito, Lusco Fusco, Skarface, Zulú 9.30 e Os Cuchufellos. Música tradicional: Os Xirifeiros e Os Terribles de Arousa. Picadiscos: O Taberneiro Lamentable, Manu Adeus e Muchachinho Pum!!!! Animación: Cé orquestra pantasma, Peter Punk 2, Circo Expresso e Aperta Percusión. Esperamos que te sumes á festa e xa sabes… NON VALE FALTAR!!!! Mais Info.: www.revenidas.com
Users' Comments (1)  |
|
|