Temos 3 visitantes online

Concertos

Banda Potemkin + Tiruleque:
DataSábado 13 de Marzo
LugarSala Filomatic, Montealto, Corunha
Hora22:00hs.
Entradade balde
 
Skacha:
DataSábado 13 de Marzo
LugarFundaçom Artábria, Ferrol
Hora
Entrada
 
NAO:
DataSábado 13 de Marzo
LugarCSO Casa das Atochas, Corunha
Hora
Entrada
 
Ultraqäns + Ataque Escampe + Marxe Esquerda:
DataSábado 13 de Marzo
LugarPub Farandula, Vigo
Hora20:00hs.
Entrada
 
Pito de Pikasso + Champurrada:
DataDomingo 14 de Marzo
LugarPub TNT, Compostela
Hora20:00hs.
Entrada4€
 
Capitán Furilo:
DataVenres 19 de Marzo
LugarPub Gatos, Melide
Hora01:30hs.
Entrada
 
Ergom:
DataVenres 19 de Marzo
LugarGentalha do PIchel, Compostela
Hora22:00hs.
Entrada3€
 
Komunikando.net no teu Correio-e
no teu Correio-e:

Visita este grupo

Asociacion Galega de Musicos ao Vivo
Esta web apoia � iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
sono-tone.net
aregueifa.net
AudienciaZero.org
Em Portada seta Todas as Novas seta Perante a suspensión do evento musical “Made in Galiza”
Perante a suspensión do evento musical “Made in Galiza”
Views 1887    

Perante a suspensión do evento musical “Made in Galiza”

Os dias 26 e 27 de xuño grazas á Concellaria de Cultura do Concello da Coruña, a música galega por vez primeira ía ter un escaparate privilexiado para poder amosar todo o seu esplendor criativo que está a viver dende os últimos 15 anos. Unhas 14 bandas de diversos estilos e procedéncias ían xuntar-se para um acontecimento histórico dentro da música emerxente galega, um dos sectores culturais mais vivos, mais dinámicos, e tamén, curiosamente menos subvencionada de todas as artes que se traballan no país.

Isto sábeo ben a xente que ten mamado palco, que ten feito troulear por concertos e romerias a moita xente, vendo como os grupos de fóra levaban os cachés grandes, facendo um traballo moitas das veces de menor calidade que a xente da casa. Precisamente, a xente da casa, era quen baixaba os cachés colaborando coas organizacións dos eventos para que estes se puideran realizar.

O panorama está a mudar, e a contrastada calidade das criadoras galegas está a causar expectación, grazas a que nos últimos anos se eliminaran as “listas negas” e a censura a todo o que se desmarcara das pautas da grande indústria.

Precisamente, a inmensa maioria (e con moito) das subvencións a eventos musicais veñen da parte dos concellos que contratan grupos “de moda” criados polos mass média estatais, ou orquestras con versión de éxitos do momento. Conste dicer que este tipo de eventos son moi queridos polo público em xeral e responden as suas actuacións com grandes afluencias de xente. Non hai cousa mais respetável, sabémo-lo.

Pero sabemos tamén que a música emerxente galega tamén ten o seu público, cada dia maior, cada vez a xente acode mais aos festivais, seguian o programa de rádio (tristemente eliminado) “Aberto por Reformas”, e que esta xente TAMÉN TEM DEREITO A UNHA PEQUENA AXUDA DOS RESPONSÁVEIS DA CULTURA DO PAÍS. Lugares como Inglaterra, Irlanda, USA, Cuba, Brasil... entendéron-no moi bem, por iso son primeiras poténcias culturais en música contemporánea, principalmente porque non desprezan o seu.

Ao contrário da administración actual da XUNTA, que eliminou TODAS AS AXUDAS AO EVENTO que ía ser celebrado o mes de Xuño na Coruña. Esto, no meu país, e no de todos tamén, só se lle pode chamar así SECTARISMO E AUTO-ÓDIO.

E que non se preocupen os administradores oficiais da cultura deste país, que NÓS, @s músicos galeg@s, non choramos por unha subvención QUE NUNCA TIVEMOS, e que seguiremos a facer festa, e a facer unha indústria cultural potente sen necesidade da sua axuda, xa que levamos así, alegres, toda a vida.

Os organizadores.

Cita este artigo na tua web Imprimir Enviar por correio electrónico Publica isto em CHUZA!

Users' Comments (5) RSS feed dos Komentarios
Posted by Un Fracasado, on 22-06-2009 14:13,
1. Sen parpadear
Chegou o goberno máis dereiteiro que "poidemos escoller" e non van a dubidar en censurar todo akelo ke non vaia polo seu rego. Este festival chegaría a ser unha referencia, pola calidade dos grupos e tamén pola xuntanza de moitos elementos culturais do noso país. Sen embargo, tamén podería xuntar a moita xente que non cree nas políticas do PP e iso sería un problema para eles. O PULSO ACABA DE COMEZAR E NÓS DEBEMOS MIRARLLES A CARA SEN PARPADEAR. Seguiremos a facer música en galego e a denunciar as cousas ke non nos gustan facendo bailar a xente. Sobreviviremos.
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by Festivaleiro, on 22-06-2009 09:39,
2. ha que sumar esforços
Eu penso que ha umhas quantas que si presentan.Galegoz,taru,skacha, dios ke te crew,banda potenkin,som do galpom, e os NAO cantante.Ademais afortunadamente ha muitas bandas que quedaron fora o que significa que a música galega goça de mui boa saude.Ao melhor o interesado es ti. 
Animo a concelleria,bandas e organizadores. 
Avante o made in galiza!!!
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by veleno, on 20-06-2009 14:04,
3. FESTIVAL INTERESANTE E INTERESADO
Este novo goberno xa demostrou abondo o seu odio por todo o que sone a galego, temos que combatelo. 
Festivais deste tipo deberían ser acollidos por todos aqueles gobernos locais que se din progresistas e de esquerdas. Onde están? UNHA CRÍTICA A ORGANIZACIÓN: ignoro quen foi, máis destes 15 escollidos tan só 3 ou 4 contan con algo novo para presentar. Creo que tanto organizadores coma institucións deben de ter en conta a quen precisa dar a coñecer algo novo e digno, do contrario é evidente o interés en algo concreto e non no ben xerál da música galega...ou que???
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...
» Ver todas as 1 respostas

Posted by Bruno, on 19-06-2009 22:33,
4. Moito ánimo
A todos os grupos, músicos e demáis artistas e gente da cultura deste país. Nom imos deixar que nos ponham o luto.
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by Paulo, on 19-06-2009 22:19,
5. Força!
Fica muito a fazer... :)
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Engade o teu komentario



mXcomment 1.0.2 © 2007-2010 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
 
< Anterior   Seguinte >
Grupos
Videos
CD's


2010 Komunikando.net
Joomla! é um Software livre disponibilizado sob licença GNU/GPL.
Estatísticas