“Lingua Proletaria do Meu Pobo... Eu Canto Porque Si!!!” con esta lexenda, preséntase o
Festidoiro'09.
Serán cinco, este ano, os grupos que compoñan o Festidoiro'09, que se celebrará no
Campo da Feira (O Baño – Cuntis) o vindeiro
sábado 22 de agosto, e servirá para festexar o terceiro aniversario de vida do colectivo
O Fervedoiro. Abrirá un grupo local que dou en nacer ao carón do noso idioma,
Spooner Street, o cal porá en escena o seu harcore, despois soará o rock que trae dende Cerceda
Machina e o folck-rock dos ourensáns
Vichelocrego; dende Vigo achegarase a música ceibe dos
Skacha, co seu punk-rock, e
Kogito ofrecerá o seu “Ska feito na Galiza”.
Info:
ofervedoiro.blogaliza.org