|
The Homens - Cuarta potencia |
| Views |
335  |
|
Cuarta potencia é melodía a volume atronador, é inocencia pop e nihilismo negro. O cuarto traballo de The Homens, tras os EPs #1 (autoeditado, 2005) e #2 (autoeditado, 2006) e o longa duración Tres (Falcatruada, 2007), mostra á banda de Santiago DC máis preocupada polas melodías e pola expresividade das letras e, á vez, máis ruidosa que nunca. Producido de novo por Santi García (Nueva Vulcano, Charades, The Unfinished Sympathy...), o disco novo recolle unha ducia de cancións nas que The Homens envorcan todo o vivido e aprendido en catro anos de xira sen fin, insistindo no seu gusto polo pop británico de todas as décadas e a enerxía do punk americano dos oitenta, e engadíndolle un renovado interese pola psicodelia e a experimentación. Editado polo mítico selo santiagués Lixo Urbano, Cuarta potencia é enerxía condensada en pílulas dóces, é cantar bonito coa boca espumando rabia. Cuarta potencia é cantar por non chorar.
Users' Comments (0)  |
|
|