Em Portada seta Todas as Novas seta "Na fura de diante" é o novo de Ruxe-Ruxe
"Na fura de diante" é o novo de Ruxe-Ruxe
Views 918    

"Na fura de diante" é o novo de Ruxe-Ruxe

"Quince latexos de corazón vello e consumido; quince dentelladas de animais fora ialma, de cans doentes e vencidos, de decepcións e liortas". Así definen os Ruxe-Ruxe o seu novo traballo, un disco que recibirá o título de "Na fura de diante" e que verá a luz o vindeiro mes de marzo.

Mais a concepción musical non remata aquí: "Na fura de diante é un océano terríbel no que ti e mais eu loitamos por continuar sendo peixes..." adiantan os de Aríns (Compostela). Este será o seu sétimo álbum de estudo e, segundo explican, nel poderemos atopar novos temas producidos por Xabier Abreu, que achegan un novo estilo á banda.

Como adianto, ofrécennos tres temas do disco, que xa se poden descargar de balde na súa páxina web (www.ruxeruxe.com ).

A presentación oficial do disco será o sábado 6 de Marzo na Sala Capitol en Compostela ás 21hs.

Cita este artigo na tua web Imprimir Enviar por correio electrónico Publica isto em CHUZA!

Users' Comments (0) RSS feed dos Komentarios

Nemhum komentario guardado

Engade o teu komentario



mXcomment 1.0.2 © 2007-2010 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
 
< Anterior   Seguinte >
Grupos
Videos
CD's


2010 Komunikando.net
Joomla! é um Software livre disponibilizado sob licença GNU/GPL.
Estatísticas