| Views |
4129  |
|
 Zumbido somos un grupo nado na Coruña en Outubro do 98. Orixinalmente formámonos coma cuarteto, pero co paso do tempo convertémonos nun trío o que provocou tamén unha evolución musical, xa que pasamos do “Grunge-Punk&Roll” inicial a un “Punk experimental” (no que caben HC, Ska, Reggae, Dub instrumental) máis sólido e compacto. En directo somos un grupo rápido e contundente… enerxía pura, e temos un amplo temario composto por cancións propias (case todas en Galego) anque tamén nos atrevemos con algunha que outra versión de grupos coma Mudhoney e Nirvana… Actualmente estamos a autoeditar un traballo gravado no Dark Forest Studio (con Alberto Castaño e Manuel Maneiro) que habemos de apresentar por Galiza durante o que queda de 2006 e parte de 2007. Resumindo: potencia, melodía e bon facer para que vos “zumben” os ouvidos.
Xoán Rábade Mato (Voz e guitarra) Germán Gundín González (Baixo e coros) Alberto López Posse (Batería)
Users' Comments (1)  |
|
|