| Views |
548  |
|
 Este CD naceu no marco do proxecto Pressing Catch, de Berrobambán . Moito máis ca un espectáculo teatral, o ring de Pressing Catch abrangue diversas can-les de acción: a publicación do texto en Edicións Positivas, as posibilidades de interacción a través da web ou esta iniciativa musical, que botou a andar en outubro do 2009, dirixida a grupos emerxentes que compuxesen as súas cancións en galego. Ao longo de tres meses, varios grupos galegos enviaron os seus temas, inspirados polo espírito do proxecto, a un certame para o que Berrobambán contou co apoio da plataforma Komunikando.net. Foron un total de 24 as cancións presentadas a concurso, das que o xurado escolleu estas doce. Agora tes o resultado. Preparad@ para entrar no cuadrilátero? 1.Soyuz Sound System co Tini Templado - Eletroni-K.O. [▼]
2.Shit Pony - Violencia [▼]
3.Es un árbol- O último comechurros [▼]
4.GalegoZ - Apocalipse Agora [▼]
5.Fucoxabier – Meniños bomba [▼]
6.Novedades Carminha – Mata a teu pai [▼]
7.Meninos Carentes – Non me van matar [▼]
8.DKTC – Ollo ó parche [▼]
9.Impulsos criminais - Impulsos criminais [▼]
10.Sacha na horta – Barbeito por dereito [▼]
11.Spinochordodes – Esmendrellando trebellos [▼]
12.Grupoh! - Loitah! [▼]
Users' Comments (0)  |
|
|