| Views |
8681  |
|
| TRÓPICO DE GRELOS é unha banda de percusión basada en ritmos afrobrasileiros que procura integrar diferentes tendencias da percusión contemporanea. Creada apartires da experimentación e a pesquisa, no seu repertorio constrúense pontes que permiten viaxar do brasileiro ó cubano, do latino ó africano, e de volta ó galego. A danza e a voz incorpóranse lúdicamente, dun xeito natural, como as primeiras manifestacións artísticas da expresión humana. Entre os ritmos quie mergullamos, pódense suliñar: - Samba reagee
- Reggae Baiano
- Samba
- Ritmos Nordestinos
- Etc..
TRÓPICO DE GRELOS nace a partires da práctica pedagóxica de Xurxo Troncoso na súa volta a Galiza. Despois de participar no Carnaval de Salvador da Bahía 2002 onde formou parte do bloco “TIMBALADA” de Carlinhos Brown, regresa tras 15 anos en Madrid.
Das aulas do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, das clases particulares e da experiencia de formar parte de grandes bandas de percusión xurde a necesidade de realiza-lo seu proxecto: “TRÓPICO DE GRELOS“. Na súa filosofía está a idea da escola-obradoiro, unha agrupación aberta a incorporación das persoas que teñan o desexo de tocar acara o público.
| |
Users' Comments (1)  |
|
|