Concertos

Os Tres Trebóns + Ulträqäns + Berros do Castro + Pesdelán:
Festival Río Castro
DataSábado 4 de Xulho
LugarNaraio, San Sadurninho
Hora21:00hs.
Entradade balde
 
O Sonoro Maxín:
DataSábado 4 de Xulho
LugarSeixalbo, Ourense
Hora00:00hs.
Entrada
 
Taru e os Paxaros coiro + Galegoz + Chamalle Xis + Pirats Sound Sistem:
Festival Mostra das Culturas
DataSábado 4 de Xulho
LugarBoiro
Hora22:00hs.
Entrada
 
Labazada:
DataSábado 4 de Xulho
LugarPub O Foso, Santa Comba
Hora00:00hs.
Entrada
 
The Turre's Band + Duplo Son + Ophiusa + Dj Fernando a Esteso:
Asalto ao Castelo
DataSábado 4 de Xulho
LugarVimianzo
Hora22:00hs.
Entrada
 
Ataque Escampe + Carlos Figueiras:
DataDomingo 5 de Xulho
LugarAturuxo, Boiro
Hora23:00hs.
Entrada
 
Trópico de Grelos + Magnifique Bande dos homes Sen Medo:
DataDomingo 5 de Xulho
LugarInaguracion Xogos do Eixo Atlantico, A Coruña
Hora18:00hs.
Entrada
 
Komunikando.net no teu Correio-e
no teu Correio-e:

Visita este grupo

Asociacion Galega de Musicos ao Vivo
Esta web apoia � iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
sono-tone.net
aregueifa.net
AudienciaZero.org
Em Portada seta Grupos seta ATAQUE ESCAMPE
ATAQUE ESCAMPE
Views 7986    

Ataque escampe
Ataque Escampe gosta de se definir como rock de serie B porque parte dunha instrumentacion sinxela para ofrecer unha proposta musical que trata de ser sólida e autónoma, encadrábel nunha traxectoria antivirtuosa practicamente inédita na Galiza, na xenealoxía que se podería trazar desde Neil Young até Violent Femmes pasando por Jonathan Richman, extendendo estraños tentáculos que rozasen a Xil Ríos. O funcionamento como grupo sen destacar autorías no seu interior, o emprego do galego como única lingua ou a reciclaxe de músicas malditas completan a filosofía dunha banda que practica o do it yourself máis brutal, poético e desvergonzado que poida caber nunha banda de formato puramente acústico.

Os organizadores do festival no que debutaron decidiron na metade da historia que ían quedar fóra porque se facía tarde para tanto grupo. Cando os últimos remataron a xente que restaba comezou a corear algo que os mesmos organizadores tardaron un tanto en comprender: "Todos somos Ataque Escampe". Saíron.

E eu estaba alí para velo. Ao meu carón un rapaz cunha camiseta dos Sex Pistols e pinta de inglés erasmus en proceso etílico abaneábase e sorría desconcertado no medio dos acordes de "Afganistán canto". O tema da canción non o sorprendía, despois de todo eran tempos de guerra, sorprendíao o estraño estilo dos rapaces que sairan a tocar. Naquel momento debín achegarme e botar man do meu inglés básico para explicarlle o que estaba a ver: houbo moitos que tocaron as paredes do límite da cidade, este grupo toca cun pé dentro e outro fóra, toca, por dicilo así, na fronteira. A parte que entendes é o que te fai sorrir, a que non entendes é o que te fai abanear.
Ataque escampe
Hai moitos tipos de fronteiras, non só as políticas, e o grupo transitou por moitas delas. De México a California, do rock ao tango, dos poetas dos 50 ao dadaísmo, ou do sublime á serie B nun só paso, porque o interesante deses espazos é o feito de camiñar entre eles incansabelmente, trazar rutas para futuros viaxeiros, e poder dicir ás persoas que habitan nas beiras que forman un todo cos do outro lado. O custo pode ser desigual, para cruzar á ida pode chegar con sobornar a un axente de fronteiras, na volta pódese chegar tiroteado e coas costas molladas. É o prezo do contrabando de ideas.

No caso concreto da Galiza, por exemplo, as fronteiras mal definidas entre o rural e o urbano crean longas zonas de transición cunha idiosincrasia propia. As vilas grandes e os bairros dalgunhas cidades son universos próximos rexidos polas mesmas regras. Ataque Escampe son como os cabalos atados nos descampados das aforas. (Soñemos libres como bestas). Veñen do lugar onde se beben viños sen nome nen cor definida, onde se discute de poesía e cinema diante dunha tapa de callos, de espazos onde chove sempre, ininterrompidamente, e algúns, sabendo que é mexo, botan man do paraugas e berran con toda a forza para avisar aos demais."

Mario Regueira

Ataque Escampe agradece até á terra que pisa. Porén, o pouco espazo e o medo ao ridículo impídennos redactar unha listaxe de nomes. Aínda así: obrigados a toda a xente que bota unha man, un lombo, unha lingua. Todo o poder para os soviets.

Podes ler unha entrevista a Ataque escampe en SONO-TONE.NET
Ataque escampeAtaque escampe - Galicia es una mierdaAtaque escampe - Galicia es una fiestaAtaque escampe - A grande evasión

Audios



Ataque Escampe - Europa e o ballet


Ataque Escampe - Canción para pechar a parte de abaixo de Ruta


Ataque Escampe - A Granxa de Alexandre


Ataque Escampe - Ningún lugar seguro (GalegoZ Remix)


Ataque Escampe - Galicia es una mierda


Ataque Escampe - Unha tarde no Zoo



Contacto



e-mail: Este endereço de email está protegido contra spam bots, pelo que o Javascript terá de estar activado para poder visualizar o endereço de email
Telf.: 625 789 363 - 665 695 058
MySpace: MySpace.com/ataquescampe
Web: ataqueescampe.blogspot.com

Criptozooloxía aplicada





A banda desenhada





Serafín







Cita este artigo na tua web Imprimir Enviar por correio electrónico Publica isto em CHUZA!

Users' Comments (23) RSS feed dos Komentarios
Posted by AE, on 28-05-2009 13:00,
1. Novo disco xa dispoñíbel
Novo disco de Ataque Escampe xa dispoñíbel na Regueifa Plataforma: A grande evasión. No nome non temos "k" mais neste disco novo, por vez primeira, tampouco se nos ve o "q". 
 
Saúde a todas as Komunikantes!
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by AE, on 27-08-2008 11:19,
2. Ningún lugar seguro (GalegoZ Remix)
Para celabrar o aniversario do noso myspace vimos de colgar no mesmo un novo tema, que podedes descargar de balde. Gravámolo canda varios membros de GalegoZ e titúlase "Ningún lugar seguro" (GalegoZ Remix).
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by Paul á sombra, on 04-07-2008 15:06,
3. ola!!
ola!! Somos o grupo Paul á sombra e andamos apañando votos para gañar o A polo Ghit 2008 (xa estamos case case case á cabeza!!). Disque nos parecemos moito aos Ataque Escampe, así que pasádevos a escoitar a nosa canción "Unha tarde no zoo". A desfrutar do verán e dos festivais! E sobretodo, non paredes de bailar!!
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by AE, on 29-05-2008 11:44,
4. CONCERTO VITE
ben sabido é q os de AE somos un pouco zoupóns: o concerto de Vite de hoxe día 29 comeza finalmente ás 21.00, non ás 22.00
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by my, myself & I, on 01-04-2008 01:23,
5. ,,,
sódelo mellor que pariu a GaliZa!! longa vida a AE!!  
vémonos este venres en compostela!!
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by AE, on 27-03-2008 13:06,
6. PRIMEIRO VIDEOCLIP DE ATAQUE ESCAMPE
No noso myspace xa se pode ver o video de "Serafín", obra de Ramiro Ledo.
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by AE, on 11-02-2008 19:00,
7. DOUS NOVOS TEMAS
Dende xa podes escoitar no noso myspace dous temas de adianto de "Galicia es una mierda": "A granxa de Alexandre" e "Tres cantos a Lenin". "Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos" es una mierda.
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by Rodrigo, on 07-01-2008 14:18,
8. galicia es una m...
¡Galicia es una mierda!Jajaja.Ese é o mellor título da historia da música.¡Dadelle para diante,mozos!
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by AE, on 04-01-2008 12:53,
9. SEGUNDO TRABALLO
Dende hoxe e até o 14 de xaneiro podedes votar polo título do noso segundo traballo. Laura tamén. A mandar!
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by laura, on 19-12-2007 18:53,
10. puff
penosos
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Mais komentarios...

Engade o teu komentario



mXcomment 1.0.2 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
 
< Anterior   Seguinte >
Grupos
Videos
CD's


2009 Komunikando.net
Joomla! é um Software livre disponibilizado sob licença GNU/GPL.
Estatísticas