Temos 4 visitantes online

Quem anda no Chat?

0 utilisateur

    Concertos

    Retobato + Txispunk:
    DataVenres 29 de Agosto
    LugarSala Ogmios. Cariño, Ortegal.
    Hora22:30hs.
    Entrada3€
     
    Os Veraneantes + Troula Gaiteira:
    Rebumbio
    DataVenres 29 de Agosto
    LugarMós, Pontevedra
    Hora22:00hs.
    Entradade Balde
     
     Os John Deeres:
    DataVenres 29 de Agosto
    LugarAuriense, Ourense
    Hora22:30hs.
    Entrada
     
    O Sonoro Maxín + Ulträqäns + Chiquilicuatres + A Vaga Banda:
    Rebumbio
    DataSábado 30 de Agosto
    LugarMós, Pontevedra
    Hora22:00hs.
    Entradade Balde
     
    Zenzar + Berrogüeto + A Quenlla + Pablo Seoane Group:
    DataSábado 30 de Agosto
    LugarTeo
    Hora21:00hs.
    Entrada
     
     Os John Deeres:
    DataSábado 30 de Agosto
    LugarSala Clavicémbalo, Lugo
    Hora22:30hs.
    Entrada
     
    Banda Potemkin + Skaralhados + Momentos de duda + Bergallazo + Matxetazo na parrotxa:
    DataDomingo 31 de Agosto
    LugarSta. Cruz de Arrabaldo (Ourense)
    Hora22:00hs.
    Entrada
     
    Komunikando.net no teu Correio-e
    no teu Correio-e:
    Visita este grupo
    Esta web apoia � iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
    sono-tone.net
    aregueifa.net
    AudienciaZero.org
    Keltoi!
    Views 1434    

    Keltoi!
    Keltoi! (Celtas en grego) formárono en Vigo a finais de1995 catro mozos galegos seguidores do “Street-rock and roll”, tamén chamado “oi!”. Da unión distes dous conceptos (musica da rúa e cultura galega) xurdiu o nome dun grupo pioneiro en tocar en Galiza e no noso idioma un estilo de punk que abandeiraran uns anos antes bandas inglesas coma “Cockney Rejects”, “Sham 69”, “Red Alert”, “The business” ou os irlandeses “Stiff Little Fingers”. 
    Keltoi!
    Malia que anteriormente no mesmo Vigo xa houbo quen se veu puntualmente influenciado por iste estilo “oi!” - coma Desvirgheitors nos oitenta ou Skacha e Disturbio´77  nises mesmos anos noventa - , foi cicais Keltoi! O grupo galego que máis claramente apostou por iste estilo de punk-rock daquela tan orfo de bandas e seguidores no noso país.
    Keltoi!
    A primeira formación sería a composta por Pablo (voz), Dani (baixo), Kino (guitarra) e Sime (batería), e con ella Keltoi! foi dando os seus primeiros pasos nun ensaios bastante caóticos i etílicos onde xurdían temas propios e as típicas versións de consagrados grupos estatais coma Decibelios. Cando as cousas semellaban comezar a funcionar, Pablo ten que deixa-la banda ao marchar a vivir fóra de Galiza. Tras semáns de probas i experimetos entran dous novos compoñentes en Keltoi!, istes non serían outros que o donostiarra Joselu e o Italiano Mikele ás guitarras. A formación completába-se con Kino, (dista volta á bataca), Dani (baixo) e Sime (voz).
     
    Con ista formación xa consolidada Keltoi! Perpetra o seu primeiro concerto no mítico pub “Rass” do casco vello vigués, un día das letras galegas de 1996 xunto aos Diplomáticos de Montealto. Un ano máis tarde, un dos seus temas (“Galeg@s”) aparece no recopilatorio de apoio aos/ás pres@s independentistas galeg@s “Oito anos secuestrad@s” (SONS DE LUITA),  e uns meses máis tarde, o que ía se-la súa primeira maqueta ve por fin a lus en formato cd baixo o título “Casco Vello” (BRONCO BULLFROG RECORDS).
     
    Malia baixa calidade de son, iste primeiro disco de Keltoi! Ten moi boa aceptación e a banda comeza a ser coñecida por Galiza e fóra da nosa terra, colleitando boas críticas en fanzines e revistas de rock coma o suplemento musical do Egin “Bat, bi ,hiru” ou mesmo a coñecida Maximum Rock and Roll nos USA.

    Paseniñamente a banda vai-se asentando i é reclamada para tocar tanto no país coma fóra del en concertos coma o “Iº oi!, Ska & Reggae Meeting” (Xixón – Asturies). Cando a banda está máis activa e actúa moi a cotío compartindo escanrio con xente coma Malarians, Los Milicianos, Skarface, Xenreira, Skacha ou oi! The Arrase (istas últimas, bandas coas que Keltoi! ten especial amizade) é cando Sime ten que marchar traballar a Dublín e Keltoi! Sufre un novo parón.
    Keltoi!
    Mediado o ano 2000 o Sime regresa a Galiza e o grupo retoma o traballo volvendo a tocar e grabando catro temas prao recopilatorio de bandas galegas “Estado de Sitio”. Os seguintes anos son cicais os de maior continuidade do grupo e o número de concertos e seguidores medra, sobre todo entre os amantes da cultura punk e skinhead en Galiza e noutras nacións do estado. Keltoi! Sae entón a tocar varias veces por Castela e Euskal Herria (xunto a Skacha), e comparte noites de concerto e esmorga con bandas tan admiradas por eles coma Dropkick Murphys, Thug Murder, Frontkick ou The Real Mckenzies.
    Keltoi!
    Mais non todo dura eternamente. O feito de tocar Mikele tamén con Soak (sustituído brillantemente por Gontxu) e Kino con Skacha, os diferentes curres e as responsabilidades (ou irresponsabilidades) restaron tempo e adicación aos membros da banda e Keltoi!, aos poucos, vai esmorecendo. En xaneiro do 2005, cun entrañábel concerto de despedida  xunto aos berlineses FrontKick , Keltoi! Colga as botas.

    Keltoi!
    Durante istes dez anos na rúa, Keltoi! Nunca se escondeu ao definirse coma unha banda oi! Antifeixista e antirracista , e tampouco negou o seu vencello oa seu equipo de fútbol (Celta de Vigo). Nos seus concertos eran frecuentemente seguidos polo sector máis nacionalista, festeiro e borrachuzo da mocidade celtista.

    Alén do amor por isas cores, os Keltoi! Nas súas letras sempre tentaron reflecti-las rebeldías e inquedanzas da mocidade galega da súa xeración, alén de tocar outros temas coma a loita da clase obreira, a represión policial, as esmorgas, a cultura skinhead, a súa terra e o seur mar...

    Malia estar “oficialmente” mortos, os Keltoi! Non están de todo soterrados e dende 2006 o grupo está a compilar a grabar temas que nunca foron editados, co gallo de poñer digna despedida a 10 anos de esmorgas, ensaios, concertos, paróns, bos e malos momentos, e sobre todo a 10 anos de oi! Feito en Galiza.

    A boa experiencia dista nova grabación cicais consiga que a chama prenda de novo e a despedida de 2005 non sexa máis que un deicalogo!!!

    Ao tempo...

    Keltoi! (2007)







    Discografía:


    • 1998. C.D. “Casco Vello” ( Bronco Bullfrog Records)

    Recopilatorios:

    • 1997. Un tema no recopilatorio “Oito anos secuestrad@s” (Sons de Luita)
    • 2000. Un tema no recopilatorio “Sonidos de la calle. Vol. 1” (Bronco Bullfrog Records)
    • 2000. Tres temas no recopilatorio “Oi! Um Grito de Uniao Vol. 3” (Rotten Records)
    • 2001. Cinco temas no recopilatorio “Estado de Sitio” (Janie Jones Records)

    Keltoi!



    Cita este artigo na tua web Imprimir Enviar por correio electrónico Publica isto em CHUZA!

    Users' Comments (2) RSS feed dos Komentarios
    Posted by Celtarrismo, on 22-08-2008 21:16,
    1. Animo Keltoi
    Todos crecimos con vos! arriba oxtia sodes do mellor que hay aparte dunha peña de puta nai. agardamos veros outra vez tocando 
    Sempre Celta!
     
    » Notificar este komentario ao administrador
    » Responder a éste komentario...

    Posted by Oi!, on 10-04-2007 09:29,
    2. Sime, sigues igual que sempre
    O Sime non cambiou nadiña, por él non pasa o tempo, non como outros que estamos para o arrastre.
     
    » Notificar este komentario ao administrador
    » Responder a éste komentario...

    Engade o teu komentario



    mXcomment 1.0.2 © 2007-2008 - visualclinic.fr
    License Creative Commons - Some rights reserved
     
    < Anterior   Seguinte >
    Grupos
    Videos
    CD's


    2008 Komunikando.net
    Joomla! é um Software livre disponibilizado sob licença GNU/GPL.
    Estatísticas