Temos 3 visitantes online

Quem anda no Chat?

0 utilisateur

    Concertos

    Labazada:
    DataVenres 12 de Setembro
    LugarPub Gatos, Melide
    Hora23:00hs.
    Entrada
     
    Ulträqäns + Bonovo + Quempallou:
    Festival ElviñaFolk'08
    DataVenres 12 de Setembro
    LugarSan Vicente de Elviña, A Corunha
    (frente o arquivo Xoana Capdeville)
    Hora20:00hs.
    Entradade balde
     
    Trapallada:
    DataVenres 12 de Setembro
    LugarFundaçom Artábria, Ferrol
    Hora22:00hs.
    Entrada3€, 8€ com CD.
     
    O Sonoro Maxín + GalegoZ + Sacha na Horta + Kussondulola:
    DataSábado 13 de Setembro
    LugarA Estrada, Pontevedra
    Hora22:00hs.
    Entrada5€ (inclúe acampada + CD ou Camisola)
     
    Trapallada:
    DataSábado 13 de Setembro
    LugarPontevedra
    Hora
    Entrada
     
    Komunikando.net no teu Correio-e
    no teu Correio-e:
    Visita este grupo
    Esta web apoia � iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
    sono-tone.net
    aregueifa.net
    AudienciaZero.org
    Xenreira
    Views 1476    

    Xenreira
    Xenreira nace na estrada no ano 1994 e a súa formación inicial estaba composta por Davide Senén Otero, Silverio Otero, Maki, Manu Balboa, Marcos Payno, Sevi e Pino Ricciardi. Nos primeiros meses de ensaio a banda ensaia con unha caixa de cartón mentras xuntan cartos para comprar a súa primeira batería. A morte dun dos compoñentes, tres trocos na guitarra, e múltiples abatares, non foron valados que non saltaran os compoñentes deste grupo inventor da etiqueta “Rock Irmandiño”.  En 6 meses estrenase no Burgo das Nacións en Santiago  con Bochechiñas en apoio aos estudantes que loitaban pola supervivencia da residencia universitaria popular galega, unhas semanas despois o guitarrista Pino Ricciardi morre nun tráxico accidente de tráfico nas festas da Estrada. A banda reponse do duro golpe e entra a formar parte da banda como guitarrista Jasper.

    O segundo concerto da banda é cos míticos Banda Bassotti na Sala Nasa nun concerto polos presos políticos galegos. A partir de ahí comezan a tocar por toda a xeografía galega, graban unha maqueta inédita en Vigo e tiran a tocar por Asturias e Cataluña, con grupos como Indaptats, Potato, Dr Calipso, Diplomáticos, e danse a coñecer por todo o estado español.
    Xenreira
    Tocan diante de 10000 persoas en Balaidos, e participan na asamblea de Chantada e no recopilatorio Rock Bravú co tema Presentes, tamén nesta época graban o tema “Voa” en directo para o son parrulo da sala Nasa. No 1996 Edicións do Cumio graballes o seu primeiro e único disco “Érgue-te” producido polo aquel entonces guitarrista e productor de Negu Gorriak, Kaki Arkarazo.

    Jasper deixa a banda e Xurxo Piñeiro incorpóra-se a banda como novo guitarrista. Colaboraron no disco xente como Uxia Pedreira, Ramóm Pinheiro, Mini de Fuxan os Ventos e a Quenlla, Carlos, Manuel Payno, Serxio de Nenos da Revolta, etc. Despois da xira de presentación da banda por todo o pais Marcos Payno e Sevi deixan a banda pero antes graban o tema para o disco Selección galega Xa con outros artistas como diplomáticos, Manu Chao, Mercedes Peón ou Pinto de Herbón, no que tamén colaboran Manuel Payno a trompeta e Nacho (ex-xogador do Celta e do Compos) a voz e coros.
    Xenreira
    Incorpóranse a banda  Pablo e Jaco os ventos e no ano 2001 entra a ocupar o Baixo Mario no sitio de Manuel Balboa. O grupo segue dando concertos cunha banda totalmente renovada e no 2002 Maki abandona o grupo, quedando da formación orixinal  Davide Senén á voz e Vero á batería.

    XenreiraAs influencias de Xenreira eran Mano Negra, Negu Gorriak, Kortatu e a súa música abarcaba desde o ska ate o punk pasando polo reggae, funk, soul, etc. Xenreira foi o primeiro de moitos outros grupos que fixeron da Estrada un auténtico fervedoiro musical neses anos e de alí teñen saido ao longo desos anos bandas que tiveron certo eco no panorama musical galego.

    Xenreira tocou prácticamente por toda a xeografía do estado español ata a súa definitiva disolución no ano 2002, e disólvese pouco antes de entrar a grabar o que sería o seu segundo disco.


    DISCOGRAFÍA:
    • 1995: Xenreira (Maqueta)
    • 1996: Ergue-te (ed. Cumio)

    RECOPILATORIOS:
    • Unión Bravú (con Diplomáticos, Papaqueixos, Tuzaros, Skornabois.....)
    • Selección Galega Xa (Manu Chao, Diplomáticos, Mercedes Peón, Korosi Dansas, Pinto&Skornabois....)
    • Para nosotros nada, para todos todo ( Negu gorriak, Banda Bassotti, Hechos contra el decoro, Mau mau, Inadaptats.....)



    Cita este artigo na tua web Imprimir Enviar por correio electrónico Publica isto em CHUZA!

    Users' Comments (2) RSS feed dos Komentarios
    Posted by skarnio, on 06-04-2007 21:25,
    1. ...
    :p 
    Vaia tempos!!!!! 
    Aupa Xenreira!
     
    » Notificar este komentario ao administrador
    » Responder a éste komentario...

    Posted by Poncio Pilatos, on 04-04-2007 12:45,
    2. Vaia fotos ;) jejejejjee
    Manu Payno tem umha carinha de bo rapaz que nom sei onde lhe quedou, a verdade é que parece um minha joia, jejejejeje ;)
     
    » Notificar este komentario ao administrador
    » Responder a éste komentario...

    Engade o teu komentario



    mXcomment 1.0.2 © 2007-2008 - visualclinic.fr
    License Creative Commons - Some rights reserved
     
    < Anterior
    Grupos
    Videos
    CD's


    2008 Komunikando.net
    Joomla! é um Software livre disponibilizado sob licença GNU/GPL.
    Estatísticas