Esgotado de percorrer tendas na procura do disco máis inflamable do 2005? Xa está aquí a reedición do LUME para que saia o sol. Para nenos e nenas, labregos e mariñeiros. Os 13 temas que o barco de LAMATUMBÁ leva a bordo voltan surcar o océano da música, na procura de novos portos onde atracar. Unha nova presentación que o levará ata máis alá do Padornelo.