Concertos

Os Tres Trebóns + Ulträqäns + Berros do Castro + Pesdelán:
Festival Río Castro
DataSábado 4 de Xulho
LugarNaraio, San Sadurninho
Hora21:00hs.
Entradade balde
 
O Sonoro Maxín:
DataSábado 4 de Xulho
LugarSeixalbo, Ourense
Hora00:00hs.
Entrada
 
Taru e os Paxaros coiro + Galegoz + Chamalle Xis + Pirats Sound Sistem:
Festival Mostra das Culturas
DataSábado 4 de Xulho
LugarBoiro
Hora22:00hs.
Entrada
 
Labazada:
DataSábado 4 de Xulho
LugarPub O Foso, Santa Comba
Hora00:00hs.
Entrada
 
The Turre's Band + Duplo Son + Ophiusa + Dj Fernando a Esteso:
Asalto ao Castelo
DataSábado 4 de Xulho
LugarVimianzo
Hora22:00hs.
Entrada
 
Ataque Escampe + Carlos Figueiras:
DataDomingo 5 de Xulho
LugarAturuxo, Boiro
Hora23:00hs.
Entrada
 
Trópico de Grelos + Magnifique Bande dos homes Sen Medo:
DataDomingo 5 de Xulho
LugarInaguracion Xogos do Eixo Atlantico, A Coruña
Hora18:00hs.
Entrada
 
Komunikando.net no teu Correio-e
no teu Correio-e:

Visita este grupo

Asociacion Galega de Musicos ao Vivo
Esta web apoia � iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
sono-tone.net
aregueifa.net
AudienciaZero.org
Em Portada seta Grupos seta A MATRACA PERVERSA
A MATRACA PERVERSA criar PDF versão para impressão
Views 7610    

A Matraca Perversa

A Matraca Perversa

“É a Matraca un enxendro conscente de que naceu para incordiar, molestar aos poderosos, denunciar as inxustizas sociais, o caciquismo, para chuspirlle na cara ao fascismo…é a Matraca unha parte mais dun colectivo social nacido entre A Estrada e os barrios populares de Vite, Vista Alegre, Caranza e que ante todo fai unha música para festexar, para pasalo ben, para reivindicar unha cultura.” Patricio Matraca

Como moitos outros grandes proxectos, a idea que logo se convertería na Matraca Perversa nace nun bar. A cidade de Santiago de Compostela sirveu de escenario para que Iago, Marcos e Sevi xuntaran forzas cun grupo de músicos de Santiago e A Estrada para daren lugar a unha primeira formación da Matraca Perversa no ano 2002, a cal gravaría o primeiro CD da Banda titulado “Mass Circus Media”.

 

A Matraca Perversa

Con este primeiro traballo discográfico e tras unha extensa xira de presentacións a Matraca adquiriu dimensión en Galicia, participando dunha serie de festivais de música autóctona desta comunidade autónoma e cooperando con diferentes grupos de artistas trala catástrofe do Prestige, feito que se transformou en paradigma do grupo que dende as letras de mass circus media denunciaba a manipulación levada a cabo polos medios galegos durante este período.

Tras ese primeiro traballo, no 2004, a banda embarcouse na producción do seu segundo CD, “Evolucionarios”. Para este novo disco, e gracias á repercusión que logrou a banda neste período, tocando en cada recuncho de Galicia, púidose contar coa colaboración de outros artistas consagrados da rexión entre os que destacan Uxía Pedreira, Xurxo Souto, Maseda, e Mario Túzaros, entre outros. O disco estivo rematado a finais principios do 2005 e durante ese ano, unha nova formación da Matraca Perversa presentou a obra en Galicia e no País Vasco.

 

A Matraca Perversa

Trala partida dalgúns membros e a conseguinte chegada de novos músicos, a Matraca Perversa continúa dando concertos en Galicia e ten previstas para este 2006 presentacións en diferentes comunidades do territorio español así como tamén, as primeiras xiras internacionais que os levarán ata México, Cuba, e Arxentina, ademais de gravar un novo disco que estará listo entre finais do 2006 e comezos do 2007.

Dende 2002 e ata hoxe a Matraca foi cultura dunha grande apertura tanto estilística coma ideolóxica, permitindo así que a súa música, chamada “fusión”, mesture recursos dos más variados xéneros, e reivindicando a liberdade individual como única alternativa ao despotismo de calquera orientación política.









Audios


Descarga - A nossa história

Descarga - Noites de verbena

Contacto


Contacto:
Web: www.amatracaperversa.com
e-mail: Este endereço de email está protegido contra spam bots, pelo que o Javascript terá de estar activado para poder visualizar o endereço de email


Cita este artigo na tua web Imprimir Enviar por correio electrónico Publica isto em CHUZA!

Users' Comments (0) RSS feed dos Komentarios

Nemhum komentario guardado

Engade o teu komentario



mXcomment 1.0.2 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
Classificação: / 20
FracoBom 
 
< Anterior   Seguinte >
Grupos
Videos
CD's


2009 Komunikando.net
Joomla! é um Software livre disponibilizado sob licença GNU/GPL.
Estatísticas