Temos 14 visitantes online

Concertos

Capitán Furilo:
DataVenres 19 de Marzo
LugarPub Gatos, Melide
Hora01:30hs.
Entrada
 
Ergom:
DataVenres 19 de Marzo
LugarGentalha do PIchel, Compostela
Hora22:00hs.
Entrada3€
 
NAO:
DataSábado 20 de Marzo
LugarA Bolera. Ourense
Hora
Entrada
 
Komunikando.net no teu Correio-e
no teu Correio-e:

Visita este grupo

Asociacion Galega de Musicos ao Vivo
Esta web apoia � iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
sono-tone.net
aregueifa.net
AudienciaZero.org
Em Portada seta Grupos seta DANDY FEVER
DANDY FEVER criar PDF versão para impressão
Views 7727    


Dandy Fever

O Caribe chega a Galicia

Qué fai un conxunto da Coruña tocando música xamaicana dos anos sesenta por Galicia adiante? ¿Que mosca (ou mosquito) lles picou para que saísen cos seus instrumentos ós escenarios galegos cunha proposta semellante?

Para responder a estas e outras preguntas quizáis deberíamos comezar  polo propio nome do grupo, que fai referencia a unha enfermidade do caribe, o contaxioso dengue, coñecido nas illas como Dandy Fever ou Dengue Fever. Os propios compoñentes non recordan dende cando se atopan afectados nin quen foi o primeiro en sufrir os seus efectos, tan só que a enfermidade vai sempre en aumento. A necesidade de tocar os hipnóticos ritmos xamaicanos e a de tocar ata altas horas da noite levou a estes individuos a formar unha banda para espallar a enfermidade por toda Galicia.

Dandy Fever


Que me pasa doctor?

Os efectos do Dandy Fever non se fan esperar. O pouco de comezar os seus concertos o público comeza a sentir extrañas sensacións: nun primeiro momento o individuo perde o control das súas pernas, logo dos brazos, da cabeza… ata que por fin todo o corpo se move como por vontade propia, seguindo os sincopados ritmos da banda. Nese intre o virus se atopa no interior do público e tan só acaba de comezar a actuación.
Entón a temperatura do corpo empeza a subir e a subir e a sección de metais fai que Galicia pareza máis ben unha apartada illa caribeña. Cando xa todos se atopan baixo o influxo dos Dandy Fever, a melodiosa voz de Mariana fai que todos queden no sitio, coma hipnotizados. Comeza o concerto…   

Dandy Fever


Un pouco de Historia.

Dandy Fever naceu a mediados do ano 2002 despois da disolución doutra banda (Diskatocam) que xa levaba varios anos soando pola Coruña e arredores. O grupo desaparece , pero non as ganas de tocar de moitos dos seus membros polo que deciden continuar cun novo proxecto musical. O fío conductor que fixo que esta banda medrase e evolucionase foi a música xamaicana. O gusto polos sons máis clásicos do Ska, do Rocksteady e do Early Reggae conformaron unha personalidade propia para a nacente banda que nuns meses dispoñía xa dun interesante repertorio e moitas ganas de presentalo. No mes de Febreiro de 2003  celebran  o seu concerto de presentación na coruñesa sala Garufa resultando un cheo absoluto e un concerto memorable. Animados pola acollida do público visitan varias cidades e vilas galegas para presentar o proxecto  e sen perda de tempo entramos no estudio para gravar seis temas que fosen boa mostra do noso traballo. Este primeiro Cd editámolo coa axuda do selo discográfico “El ejecutor” cunha distribución de preto de mil copias. Este traballo foi  o primeiro Cd que editaron co nome xenérico “Dandy Fever” e que deu a coñecer a banda con temas como “Real Ska”, “Ti estarás” ou “Cara a min”
Neste tempo deron unha chea de concertos ó longo da xeografía galega.Vigo, Santiago, Ourense, Coruña e Ferrol xa nos viron en máis de unha ocasión, así como en moitas outras vilas. Os actuacións en festivais e en salas de concertos foron a principal ferramenta para darse a coñecer nesta primeira etapa.
A sona do grupo comeza a despertar o interese de distribuidoras de música xamaicana nacionais e internacionais, interese que se concreta na aparición en varios traballos recopilatorios de música, como foron:

  •  2004 Música pola liberdade dos Pobos. (GZ)  
  •  2004 Fanzine The Whip. (Red Mussel Crew). (Estatal)
  •  2004 Ska en España 1. El Nuevo Milenio. Up Beat Radio (Estatal)
  •  2005 Fanzine Banana (República Checa)
  •  2005 Skannibal Party. Mad Butcher Records. (Alemania)
  •  2006 A Per Loca. Comunicando (GZ)
  •  2006 L´état Daurada. Jamaican Memories (Pais Valenciá).

A formación da banda sufríu moitos cambios ó longo destes catro anos de existencia nos que crearon un estilo propio e un son inconfundible con moita personalidade.  

Audio


Descarga - Quero decircho


Podes descargar mais audios na sua web.

Compoñentes



-Mariana: Voz.
-Charly: Guitarra.
-Brais: Batería.
-Dani: Saxo Alto.
-Iago: Trombón.
-Lorenzo: Trombón.
-Néstor: Baixo.

Video





Cita este artigo na tua web Imprimir Enviar por correio electrónico Publica isto em CHUZA!

Users' Comments (0) RSS feed dos Komentarios

Nemhum komentario guardado

Engade o teu komentario



mXcomment 1.0.2 © 2007-2010 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
Classificação: / 41
FracoBom 
 
< Anterior   Seguinte >
Grupos
Videos
CD's


2010 Komunikando.net
Joomla! é um Software livre disponibilizado sob licença GNU/GPL.
Estatísticas