Os Trasnos de Moscoso + Nach + Morodo + Sucias Ratas + DJ CRO + DJ Limbo: Microfest 6 Sábado 22 de Novembro Multiusos "Fontes do Sar", Compostela. Toda a tarde. 15€
Radio Blogaliza ainda é un proxecto, pero xa podes velo, e escoitalo, podes suxerir o que queiras e enviar a túa música, que será escoitada a través de internet por todo o planeta.
Todas as cancións incluídas nesta radio proveñen da propia WWW e foron publicadas no seu momento polos propios artistas, os seus representantes ou as súas discográficas. Todos os temas foron postos a disposición da comunidade de forma gratuíta, o que equivale a unha distribución masiva sen ánimo de lucro.
En moitos casos este volcado na rede das súas creacións fíxose mediante a aplicación expresa de licenzas libres que permiten o seu uso e distribución non comercial. O noso proxecto quere impulsar a rede como plataforma de difusión e posta en valor da creación musical galega, contribuindo para rachar cos tópicos negativos que asocian internet e pirataría.
Se ti, o teu grupo ou o teu selo posuides os dereitos de algunha canción incluída aquí e non desexas que a comunidade siga disfrutando das creacións que un día publicaches na rede, envíanos un correo a
Este endereço de email está protegido contra spam bots, pelo que o Javascript terá de estar activado para poder visualizar o endereço de email
e procederemos a dala de baixa. De calquera forma lembrámosche que no mundo sen fronteiras que é a internet existen diversas páxinas de arquivo que almacenan cousas que foron publicadas algunha vez, aínda que despois fosen borradas. Na rede cando se publica, publícase para a vida, pois así éa natureza da internet.
Emitimos na rede unha corrente de audio en formato Vorbis OGG codificada en stereo a 48000Hz e a unha taxa de datos de 96Kbps.
A radio traballa integramente con software libre e/ou de código aberto. Corre sobre un servidor Debian 4.0 Etch (http://www.debian.org/) con Apache (http://www.apache.org/) e MySQL (http://www.mysql.com/). A aplicación orixinal denomínase TuneQueue (http://tunequeue.sourceforge.net/) e emprega o servidor de streaming IceCast (http://www.icecast.org/). O formato de audio que empregamos é o OGG (http://www.fsf.org/resources/formats/playogg), que tamén é libre e non implica o pagamento de licenzas, como si acontece no caso do arquicoñecido MP3.
A existencia da radio débeselle á habelencia e dedicación desinteresada de Goretoxo (http://demares.blogaliza.org/) a partir dunha idea teimudamente suxerida por Calidonia (http://calidonia.blogaliza.org/). Non se tería chegado aquí sen a participación indirecta de Brenlla (hhtp://brenlla.blogaliza.org/) e de Radiofusión, o proxecto de programación común das emisoras muncipais galegas (hhtp://www.radiofusion.eu/).