| Views |
3162  |
|
Aranhoto: Palabra sacada do idioma dos Canteiros en terras de Tabeirós-Terra de montes, a Verba das Arxinas, que define á perfección o estilo da banda. O proxecto Galegoz nace a finais do 2005 como un experimento de membros do Colectivo Perverso para formar un grupo virtual que fusionara diferentes disciplinas: música electrónica, teatro, vídeo…
En Febreiro do 2006, animados pola boa acollida do single “Galician Chimpanzee”, deciden constituírse en banda. E así, o experimento cristaliza no disco “Galician chimpanzee” (un traballo de manufactura caseira editado pola da man da discográfica galega Ouvirmos), e o “grupo virtual” transfórmase nunha banda formada por músicos procedentes dalgunhas das mellores bandas do panorama musical galego: Xenreira, Nenos da revolta, Matraca Perversa, Jarbanzo Negro, Diplomáticos de Monte-alto, Mutantes Metálicos Band, A Compañía do ruído, etc.
A Banda Galegoz está formada por: Marcos Payno (voz ), Denís Mutante (voz), Pulpiño Viascón (batería, percusións e voz), Manuel Payno (trompeta e coros), Alex Salgueiro (frauta traveseira e teclado), Tómás Ruido (Técnico de son ) e Matías Olazábal(guitarra), ademáis das colaboracións de membros do Colectivo Perverso.
Este verán contará ademáis coa presencia ás voces de Bayo, líder das bandas madrileñas “Django FM” e “Bayo y Fa Palermo”, que se une á banda despois de colaborar en dous temas do disco.
 Bases electrónicas mezcladas con ska, reggae, funk e soul, e salpicadas por letras combativas, irreverentes e ás veces mesmo surrealistas conforman o orixinal sonido de GalegoZ. Música marxista-electricista, ARANHOTO STYLE! Música de baile pensada e feita en Galiza. Samplers, loops, percusións, guitarras, ventos e voces, apoiados por vídeo e performance conforman este espectáculo galego multimedia que prepara a súa presentación por todolos recunchos de Galiza e do estado Espanhol. Unha ciber-verbena electrónica aderezada con melodías sinxelas, ventos contundentes, estética circense, actitude punk e tres voces dándolle guerra ó poder e ás inxustizas sociais, fuxindo de dogmatismos e sen perder nunca o humor… E, por suposto, sen olvidarse da festa.  
Galegoz comezará a tocar por todolos recunchos do país este verán presentanto o seu primeiro disco “Galician Chimpanzee” editado por Ouvirmos, que ademáis contén 2 video-clips feitos pola propia banda. Un disco grabado entre A Estrada e Riveira e que inaugura unha nova etiqueta: o Aranhoto GalegoZ Style.
Denís Mutante: +34 630 116 915Marcos Payno: +34 671 419 666e-mail:
Este endereço de email está protegido contra spam bots, pelo que o Javascript terá de estar activado para poder visualizar o endereço de email
e-mail:
Este endereço de email está protegido contra spam bots, pelo que o Javascript terá de estar activado para poder visualizar o endereço de email
Web: www.galegoz.com MySpace: Myspace.com/galegozstyle
Users' Comments (2)  |
|
|