| Views |
11741  |
|
 | Kastomä é un grupo de rock en galego, da Terra de Ordes, que nace no ano 2000. O grupo está integrado por cinco compoñentes, JCR Soneira á voz, Antonio á batería, Sito á guitarra, Oscar ó baixo e David á guitarra.
Con duas maquetas auto-editadas gravadas en Bonham tocaron por Galicia adiante para cumprir co desexo polo que foi formado o grupo: música en directo.
Din que o seu estilo é un estilo xa inventado pero con influencias nocturnas acumuladas dende inicios de século, "que é o que lle dá o toque personal ás cancións".
Teñen 2 Maquetas editadas, "Tomamoslle outra" (2001) e "Mestres de Pesadelos" (2005), e un disco con 10 temas, "Almas da Noite", editado por Falcatruada e distribuído por A Lonxa Cultural.
|  | |
- JCR Soneira á voz.
- Antonio á batería.
- Sito á guitarra.
- Oscar ó baixo.
- David á guitarra.
Users' Comments (3)  |
|
|