| Views |
8476  |
|
 |
A Axencia Espacial Ourensana ten o pracer de anunciar o vindeiro lanzamento do novo album de Lamatumbá, a banda mais festeira a esta beira da Via Láctea. Lamatumbá bota ao espazo "A Órbita da Banda Hipnótica", un foguete cargado con quince novas cancións, quince estrelas de festa, quince soles de amores. Quince satélites en pé de verbena, mais tamén algún que outro burato negro de carraxe donde arroxar todo aquilo que siguenos a facer mal.
|  | Tras unha extensa xira co seu anterior traballo, Paraugas Universal, que os levou a tocar por toda España, e tamen en Portugal, Francia e Alemania, compartindo esceario con bandas como Radio Bemba, Gogol Bordello, Macaco ou Boikot nas plazas das prinicipais cidades e en festivais como Cruilla de Cultures (Mataró), Castillo de Ainsa (Aragón), Interceltique de Lorient (Francia), Tom de Festa (Portugal) ou Festigal (Santiago d.C.), agora voltan coas pilas máis cargadas que nunca para poñer en órbita o seu novo traballo.
| | |
Escoita "Logo chega o dia"
- Voz e asubios: SERGIO "Trosma"
- Saxo: IVÁN "Paquito de" Varela
- Trompeta: BENJA
- Saxo, clarinete: ANXO "Gafots"
- Percusión: PUNTXA
- Bateria: TXITXAS
- Baixo: PEDRO "Perdidito"
- Guitarra: RAFA "Abuelo"
- Guitarra: TONHITO "Moucho"
Users' Comments (1)  |
|
|