Temos 11 visitantes online

Quem anda no Chat?

0 utilisateur

    Concertos

    Kogito + Som do Galopom + Labregos do tempo dos Sputnik:
    A ría non se venden
    DataSábado 18 de Outubro
    LugarC.S. A Tiradoura (Cangas)
    Hora22:00hs.
    Entrada5€
     
    O Sonoro Maxín + Sorkum + La Troba Kung-Fú:
    Festival GalEuzCa
    DataSábado 18 de Outubro
    LugarArzúa, A Corunha.
    Hora22:00hs.
    Entradade balde
     
    Komunikando.net no teu Correio-e
    no teu Correio-e:
    Visita este grupo
    Esta web apoia � iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
    sono-tone.net
    aregueifa.net
    AudienciaZero.org
    Festivaleiro2008
    Em Portada seta CD's seta VVAA - Manifesto Dobarrista
    VVAA - Manifesto Dobarrista
    Views 1110    

    VVAA - Manifesto Dobarrista
    Os grupos de pop galego piden paso, e queren entrar pola porta grande. E que mellor xeito de facelo que rendéndolle tributo ao icono do xénero no país: o ferrolán Andrés do Barro, pioneiro á hora de colar un tema no noso idioma no máis alto das listas de éxitos do estado con O Tren. Un sopro de aire fresco para a súa época, e un sopro de aire fresco no panorama musical actual, coa revisión dos seus temas máis laureados a cargo de trinta bandas da emerxente escena galega.

    E, da man do disco, toda unha revolución, con manifesto incluído: O Dobarrismo! “Velaí trinta grupos emerxentes a compartir unha paixón: Andrés do Barro, en epifanía colectiva, como fito fundacional da cultura pop galega. Andrés do Barro, á marxe da turbación, e masturbación, da palabra “nostalxia” (a maior parte destes artistas non tiñan nin nacido nos anos dos seus trunfos). Andrés do Barro, referente definitivo para unha nova estética, a sonoridade dunha lingua que desde esta fin do mundo se dispón -tamén en clave pop- a facer vibrar o planeta.” Son as palabras de Xurxo Souto, capitán bravú da Terceira Revolución Musical Galega (a do propio Andrés, a Primeira, e a de Os Resentidos, a Segunda), e actualmente trobador das ondas herzianas no programa Aberto por Reformas da Radio Galega.

    Projecto Mourennte, The Homens, 6pm, Niño y Pistola, Narf, Ectoplasma, Samesugas, Elodio y los Seres Queridos, Fanny + Alexander, Noveulle Cousine... trinta grupos nun dobre cd para darlle volta e berrar viva Andrés do Barro. Unha oportunidade inmellorábel para achegarse á súa obra e, ao mesmo tempo, reivindicar a dimensión do pop do século XXI feito no país. Se o legado de Andrés do Barro fora un tanto esquecido en descoidadas recompilacións de grandes éxitos, Falcatruada edita agora unha coidada e arriscada edición a partires dunha iniciativa dos propios grupos que participan no proxecto.

    “Manifesto Dobarrista: un disco tributo a Andrés do Barro” inclúe ademais colaboracións coma a de Andrea Lapique, filla do cantante ferrolán, que lle recita versos ao seu pai na canción Meu Amor, de Fanny + Alexander. No libro do cedé hai, ademais, textos de homenaxe escritos pola propia Andrea, polo poeta e xornalista Daniel Salgado, e por Xurxo Souto, dos Diplomáticos de Monte Alto.

    CD1

    1. O Tren - ELODIO Y LOS SERES QUERIDOS
    02. Corpiño Xeitoso - PROJECTO MOURENTE
    03. Llorar por llorar - 6PM
    04. Meu Amor - FANNY + ALEXANDER
    05. Con máis amor - THE HOMENS
    06. Teño saudade - SAFARI ORCHESTRA
    07. Homes - SAMESUGAS
    08. O meu pequeno pobo - ZIMMER 103
    09. Maruxiña - LOS IRIBARNES
    10. Un pouquiño de mambo... ou así - COLECTIVO ORUGA
    11. San Antón - THE POLICARPOSOUND INC.
    12. Vou a Bueu - LEO I ARREMECAGHONÁ!! O KOLHOZ
    13. A uns ollos verdes - HANOM AUSSE
    14. Rapaciña - NOISE PROJECT
    15. Adeus, adeus - MISQUIOUS

    CD2

    01. O tren - NIÑO Y PISTOLA
    02. Por non poder - BOY ELLIOT & THE PLASTIC BAGS
    03. Noite de estrelas - NARF
    04. Salgueiro - ECTOPLASMA
    05. Para che falar de amor - ATAQUE ESCAMPE
    06. Pois eu - QUANT
    07. ¡Pum! - ANNIE HALL
    08. Pandeirada - NOUVELLE CUISINE
    09. As namoradiñas - NALDA
    10. Virando louco - OS DA RÍA
    11. Hoxe voltei para a casa - LOS HUÉSPEDES FELICES
    12. Corpiño xeitoso - TESOURO
    13. San Antón - JULES, JIM & CATHERINE
    14. Quiero hacer mi casa en el cielo - TODO EL LARGO VERANO
    15. Fogar de Breogán - THE REXURDIDOS


    Cita este artigo na tua web Imprimir Enviar por correio electrónico Publica isto em CHUZA!

    Users' Comments (0) RSS feed dos Komentarios

    Nemhum komentario guardado

    Engade o teu komentario



    mXcomment 1.0.2 © 2007-2008 - visualclinic.fr
    License Creative Commons - Some rights reserved
     
    < Anterior   Seguinte >

    Heredeiros
    Radio Cotilla
    Grupos
    Videos
    CD's


    2008 Komunikando.net
    Joomla! é um Software livre disponibilizado sob licença GNU/GPL.
    Estatísticas