Temos 2 visitantes online

Concertos

Pito de Pikasso + Membrillo Fanegas:
DataSábado 4 de Setembro
LugarSala Super 8, Ferrol
Hora22:00hs.
Entradade balde
 
Os Tres Trebóns + Labregos do tempo dos Sputniks + De outra margem + Uxía + Afro-Vungo:
Festival da Poesia
DataSábado 4 de Setembro
LugarSalvaterra do Minho
Hora22:00hs.
Entradade balde
 
Lamatumbá:
Festas do Pan de Neda
DataDomingo 5 de Setembro
LugarNeda, A Curunha
Hora
Entrada
 
Komunikando.net no teu Correio-e
no teu Correio-e:

Visita este grupo

Asociacion Galega de Musicos ao Vivo
Esta web apoia � iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
sono-tone.net
aregueifa.net
AudienciaZero.org
Em Portada seta Grupos seta OS TRES TREBÓNS
OS TRES TREBÓNS criar PDF versão para impressão
Views 16558    

Os 3 Trebóns e o Vendaval do Rosal

3Trebóns é un grupo de intervención rápida composto por 3+1 músicos de campaña da escea musical galega.
Os 3+1 integrantes da banda levan moitos quilómetros de palco e canfurnada: Xurxo Souto co acordeón diatónico e a voz (Os Diplomáticos de Monte Alto) argallou a idea e xunto co batería e cantante Fran Amil (Papaqueixos, Ruxe-Ruxe, Diplomáticos) e o baixista e tamén berrón Antón Díaz (Papaqueixos, Alberto Bundi). Estes elementos cadraron na ruta co bombardinista Lourenzo Castro, “O Vendaval do Rosal” (Dandy Fever, A Matraca Perversa, etc etc etc), a forza atmosférica que completa o son do grupo.

Estes elementos alternan repichocas de 3+1 compases e 3+1 acordes coas histórias de 3+1 minutos que nos conta/canta Xurxo. Son contos que falan da aventura cotiá dos mariñeiros e labregas, de músicos, loitadoras e poetas que deixaron pegada da particular mitoloxia do grupo.
Expertos en versións e en facer temas por encargo, lembran-nos o 50º cabodano da execución do Foucellas polos franquistas, ou fan homenaxe ao comando galego-portugués que tomou heroicamente o trasatlántico “Santa Liberdade” nos anos 60. Cociñan-se todo en menos de 3+1 minutos.
As consignas da formación son:
1º: que ben se vive sen guitarristas.
2º: as notas que podas meter en medio compás non as metas en dous.
3º e máis importante: o viño do Rosal é medicinal.
Desta peculiar formación xurde este peculiar e nunca escoitado son de ranchos rabudos e de ranchera-punk sen refinar, en crú.

Entre as suas incursións máis sonadas temos a das festas da Dorna de Riveira, onde remataron con todo o licor café que quedaba no Barbanza, asaltaron o mesmo vrao o castelo de Vimianzo irmandiñamente non deixando pedra sobre pedra, recibiron o trunfo da selección galega sen pasar control antidoping, na festa da preistoria de Mos quedaron como da casa, tamén en Castro Caldelas, Bueu, Goián, Monfero… en fin os vellos roqueiros son como certas ervas…

Audios



Descarga - Santa Liberdade


Contacto



A.C. Os Tres Trebóns: +34 638 600 297
Fran Amil (Contratación): +34 600 082 896
Antón Díaz: +34 630 276 331
Correo-e: Este endereço de email está protegido contra spam bots, pelo que o Javascript terá de estar activado para poder visualizar o endereço de email





Cita este artigo na tua web Imprimir Enviar por correio electrónico Publica isto em CHUZA!

Users' Comments (3) RSS feed dos Komentarios
Posted by Charlinho, on 14-07-2009 22:23,
1. imos racha-lo porto de malpika
animadevos e vinde todos o sabado 18 de xullo ao poeirao de malpika e disfrutade dun dia de festa.programa:a partires das 12h,sardiñada popular amenizada polo grupo de folk "lume na cachela", e a partires da 20h,o mellor rock da man de:los justicieros,e sonotones.tamen disfrutatemos do universo sonoro de:ultraqans e os tres trebons.non faltedes a este dia de foliada.durante a tarde haberá pasarruas.as prediccioóns do temppo son moi faborabels.acampada de balde a carón da praia.
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by tralleiros, on 07-05-2009 20:07,
2. Nordestazo Rock
Os tres trebóns. 18 de Xullo do 2009. Malpica. Costa da Morte. Alí estaremos no I Nordestazo Rock
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by linhares, on 10-08-2007 20:38,
3. En direto
Eu tiven a grande sorte de non coñecer aos tres trebóns antes de ir ao seu concerto. Así, a primeira vez que os escoitei (fai uns meses) leveime unha grande impresión deles.  
 
Se cadra pensades ao escoita-las grabacións que lles falta forza por iso de careceren de guitarras, pero asegurovos que en direto impresionan moito. Viva xurxo souto!!
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Engade o teu komentario



mXcomment 1.0.2 © 2007-2010 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
Classificação: / 80
FracoBom 
 
< Anterior   Seguinte >
Grupos
Videos
CD's


2010 Komunikando.net
Joomla! é um Software livre disponibilizado sob licença GNU/GPL.
Estatísticas