Temos 82 visitantes online

Concertos

Pito de Pikasso + Membrillo Fanegas:
DataSábado 4 de Setembro
LugarSala Super 8, Ferrol
Hora22:00hs.
Entradade balde
 
Os Tres Trebóns + Labregos do tempo dos Sputniks + De outra margem + Uxía + Afro-Vungo:
Festival da Poesia
DataSábado 4 de Setembro
LugarSalvaterra do Minho
Hora22:00hs.
Entradade balde
 
Lamatumbá:
Festas do Pan de Neda
DataDomingo 5 de Setembro
LugarNeda, A Curunha
Hora
Entrada
 
Komunikando.net no teu Correio-e
no teu Correio-e:

Visita este grupo

Asociacion Galega de Musicos ao Vivo
Esta web apoia � iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
sono-tone.net
aregueifa.net
AudienciaZero.org
Em Portada seta CD's seta Fanny + Alexander - Finais dos 70s, comezos dos 80s
Fanny + Alexander - Finais dos 70s, comezos dos 80s
Views 2488    

Fanny e Alexander - Finais dos 70s comezos dos 80s
Os composteláns Fanny + Alexander voltan con "Finais dos 70s, comezos dos 80s" , un segundo traballo no que de novo estenden os límites do pop galego a base da mestura desacomplexada de estilos, tradicións e sensibilidades. Nos doce temas que fan parte do disco o dúo deixa poucos paus contemporáneos sen tocar, dende o pop electrónico de "María Silenzo", "Amei-te tanto"  ou "Funcionaria ou estudante" até o ton New Wave de "Danzarei para ti... se botas outra moeda" , pasando por experimentos coma "Postpunkdeirada" -un tema que ven ser un novo estilo musical en sí mesmo- ou "Cando eu era mozo" , unha boutade en clave R n' B que soa coma o faría Timbaland se tivese o seu estudo nunha palloza do Cebreiro e no que participa coma convidado estelar Carlos Valcárcel AKA Projecto Mourente. Continuando coa liña iniciada no seu debut, Lusco e Fusco, as letras de todos os temas son adapatacións de obras de poetas galegos (María do Cebreiro, Lois Pereiro, Daniel Salgado, Ricardo Carvalho Calero, Elvira Riveiro, Pilar Pallarés e Minus Bálido Rodriguez), incluindo ademáis coma bonus track "Berlín", o spoken word de María Lado musicado polo grupo, asi coma dúas remesturas a cargo de Projecto Mourente e unha peculiar versión de The Smiths.
 
O disco, editado baixo unha licenza Copyleft polo netlabel A REGUEIFA PLATAFORMA, distribuido por Lonxa Cultural e que chegará no seu formato físico a todas as tendas esta mesma semana, pódese mercar xa online en www.trastenda.com e/ou descargar de balde en formato dixital en www.aregueifa.net
 
Coincidindo coa saída do disco o dúo estrea ademais videoclip dun dos temas do novo traballo "Amei-te tanto". Pódese ver en youtube premendo aqui .

Fanny + Alexander: Efi Arias (voz, guitarra acústica e frauta traveseira) e Noel Feáns (voz, guitarra eléctrica, guitarra midi, teclados, baixo, batería electrónica, gaita midi e programacións).

Todos os temas compostos, interpretados e producidos por Fanny + Alexander. As letras son adaptacións de poemas dos seguintes autores: Ricardo Carvalho Calero (1), Pilar Pallarés (2), Elvira Riveiro (3), María do Cebreiro (5), Lois Pereiro (6), Daniel Salgado (7) e Minus Bálido Rodríguez (8). Berlín é un poema de María Lado recitado polo propia autora. Pánico (merda de DJ) é unha versión de The Smiths. Foto da capa de Mike Schultz baixo licenza Copyleft. Gravado, mesturado e masterizado na casa no verán de 2007.

Contacto: Este endereço de email está protegido contra spam bots, pelo que o Javascript terá de estar activado para poder visualizar o endereço de email
Myspace: http://www.myspace.com/fannyealexander


Cita este artigo na tua web Imprimir Enviar por correio electrónico Publica isto em CHUZA!

Users' Comments (0) RSS feed dos Komentarios

Nemhum komentario guardado

Engade o teu komentario



mXcomment 1.0.2 © 2007-2010 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
 
< Anterior   Seguinte >

Kastomä
O tempo que perdín
Grupos
Videos
CD's


2010 Komunikando.net
Joomla! é um Software livre disponibilizado sob licença GNU/GPL.
Estatísticas