| Views |
1869  |
|
 A formación do colectivo sonoro susténtouse nun principio sobre dous pilares básicos, Emilio López e Xermán Viluba, que non son precisamente uns recen chegados ao panorama musical galego. Skornabois, grupo que fusionaba electrónica co rock máis actúal (Skornabois “Skornabois” Chorima edicións 1998) ou Alkarpa (proxecto étnico-tradicional no que confluían diferentes xeracións de músicos) son algunhas das credenciais que poden amosar estes dous músicos. Á marxe destacar as súas incursións detrás dos pratos coma dj´s en sesións conxuntas ou por separado. Proxectos de intervención poético-sonoras xunto co escritor Santiago Jaureguizar (Elvis Cristo Furious Machine) achegáronnos ao membro á sombra diste Safari do século 21, o productor Arturo Vaquero (Humanoid), que dirixe e coordina xunto coa orquestra dúal as sesións de gravación no seu estudio Abrigueiro. En principio este, ía ser un proxecto soamente de estudio, pero as gañas de levalo a directo, levaron a Emilio a xuntar unha banda virtual, pero con solvencia, para poder mostrar a súa música polos distintos escenarios de Galicia. Está banda está formada por xente tamén curtida no mundo músical ou de clube galegos. Alvaro Pardo (Dr. Think): Dj, efectos. Dj e productor de sobra coñecido na escena galega e do Estado. Alvaro foi un dos pioneiros no mundo dos dj’s en Galicia. Desde o colectivo NoiteTRASNOite, foi tamén impulsor de diversos tipos de eventos todos relacionados coa cultura da música electrónica ou de clube. Miguel Martinez (Rulos): Saxo, flauta traveseira. Rulos é profesor de música e saxofonista, ven de diferentes estilos musicais para recalar na Safari Orquestra. Entre outros grupos, estivo militando en Zootropo, Kozmic Muffin, e todo tipo de proxectos que levasen música negra como base da súa música. Laura Romay: Baixo. Laura é unha das poucas mulleres baixistas que temos en Galicia. Tamén se formou en diferentes bandas galegas como pode ser Holywater cos que gravaria disco. Actúalmente forma parte de Safari Orquestra e tamén do novo proxecto do productor Arturo Vaquero Dion-a-muh. Ten un estilo moi peculiar e preciso de tocar. Emilio López: Voz, samples. Emilio é un dos ideólogos xunto con Viluba e Vaquero, desta orquestra. Foi voz e letrista dos desaparecidos Skornabois (Skornabois “idem” Chorima,1998 e entre os mellores 10 discos da historia do rock galego –Zona de Obras - ) e do proxecto multidisciplinar ALKARPA. Actúalmente leva o peso da producción xunto con Arturo Vaquero.  A música de Safari Orquestra non é doada de definir, por decir algo sería unha fusión entre a electrónica máis integradora con ritmos que van desde o Soul,funk, ou mesmo reggae. Como eles din, misturan malicia e felicidade, dando un resultado elegante e bonito. Se houbera un estilo que os definise seria Electrónica-funk, xa que a música negra é a base das súas composicións. As súas letras van desde reflexións sociais ou de actualidade ata as composicións de carácter máis íntimo e persoal. As súas referencias en canto a grupos son, entre outros, Massive Attack, Thievery Corporation, Gang Starr, Red Snapper, Youssou N’Dour, Aretha Franklin, Ella Fitgerald etc… Entre os proxectos máis inmediatos está a edición do seu primeiro EP, que estará nas tendas este inverno. E para o que contaron coa colaboración dun home fundamental na escena galega como é, Marcos Melendez (vocalista de Los Doré) que inmortaliza coa súa voz a inconfundible “habana”. Estiveron tocando po los teatros de boa parte de Galicia no espectaculo “Ao Pé da Letra” producido por Nordesia Produccións e no que se xunta co mellorciño da música galega actúal. Soportes: Hai editada unha demo con tres temas. Distancia, A Vinganza e Mirame. Os seus textos tocan diferentes temas, desde os mais intimos e sociais ata persoais e mesmo “collages” con pezas tradicionais ou sampleados de cantantes galegos.
Web: www.myspace.com/safariorquestrae-mail:
Este endereço de email está protegido contra spam bots, pelo que o Javascript terá de estar activado para poder visualizar o endereço de email
Users' Comments (0)  |
|
|