Temos 77 visitantes online

Concertos

Pito de Pikasso + Membrillo Fanegas:
DataSábado 4 de Setembro
LugarSala Super 8, Ferrol
Hora22:00hs.
Entradade balde
 
Os Tres Trebóns + Labregos do tempo dos Sputniks + De outra margem + Uxía + Afro-Vungo:
Festival da Poesia
DataSábado 4 de Setembro
LugarSalvaterra do Minho
Hora22:00hs.
Entradade balde
 
Lamatumbá:
Festas do Pan de Neda
DataDomingo 5 de Setembro
LugarNeda, A Curunha
Hora
Entrada
 
Komunikando.net no teu Correio-e
no teu Correio-e:

Visita este grupo

Asociacion Galega de Musicos ao Vivo
Esta web apoia � iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
sono-tone.net
aregueifa.net
AudienciaZero.org
Em Portada seta CD's seta VVAA - 120 Capadores
VVAA - 120 Capadores
Views 4737    

 V. A. - 120 Capadores


Vai xa para dezaséis anos que Os Diplomáticos de Monte Alto botaban enriba da mesa unha boa arroutada. Méritos sobráronlles para entrar a formar parte do olimpo da música galega: polo seu son único e senlleiro, un rock alegre a golpe de acordeón, por liderar unha revolución social e artística que deu en chamarse bravú. Pero, sobre todo, por poñer en pé aos cen mil gaiteiros que agochaba esta terra…

A iniciativa de Komunikando.net e do Centro Social Atreu conseguíu arrincar 20 petiscos da música galega actual para esta homenaxe: dende os míticos Rastreros de Chantada, que volveron ao torreiro para este tributo, até os Festicultores, Lamatumbá ou Os Tres Trebóns, a actual banda de Xurxo Souto, voz nos Diplomáticos. No dobre disco 120 Capadores atopamos a particular versión do Gaiteiro de Dixebra, o Castiburón dos Cuchufellos, Esta noite hei de ir aló d’O sonoro maxín e até o Subastado da Banda Potemkin, aínda que tamén as particulares revisións de Galegoz ou Safari Orquestra. Porén, o disco inclúe catro temas inéditos dos Diplomáticos ao vivo.

DISCO 1
- Os Rastreros: Platinos.
- Pulpiño Viascón: San Furancho.
- Ruxe Ruxe: A tropa da Tralla.
- A Matraca Perversa: Doutor Katanga.
- Festicultores: Marujo.
- Banda Potemkin: Subastado.
- Zënzar: Non chas quero.
- Safari Orquestra: Mikaela.
- GalegoZ: Parrús.
- Nao: Coma o vento.

DISCO 2
- Cuchufellos: Castiburón.
- Dixebra: Gaiteiro.
- O Sonoro Maxin: Ésta noite hei de ir aló.
- A Compañia do Ruido: Destilleiro.
- 3 Trebóns: Estrume.
- Sonora Callejera: Mesejo.
- Taru e os Páxaros Coiro: Nordés.
- Cenk: Antuerpe.
- Lamatumbá: Están aí.
- Extridentes: Interdepenmerda.
- Uli Jarbanzo: Reestrume.

Info tirada de Trastenda.com


Cita este artigo na tua web Imprimir Enviar por correio electrónico Publica isto em CHUZA!

Users' Comments (5) RSS feed dos Komentarios
Posted by Fran, on 24-01-2008 11:35,
1. Moi Bo!!
Gran disco. A versión da Banda Potemkin é impresionante (a do Sonoro tamén está ben).
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by 6ª matriuska, on 21-01-2008 11:31,
2. Parabéns!, tremendo trabalho!!
DOS FOROS DA CIBERIRMANDADE DA FALA. 
Este é o título do album doble que se acava de publicar em homenagem aos Diplomáticos de Montge Alto. 
Creo que tenho bastante música do estilo rock-bravú-folki....feita no nosso país nos últimos 15-18 anos. No meu humilde criterio, este doble é dos melhores albunes de grupos galegos feitos en muitos anos, se nom o melhor. 
Som 21 grupos fazendo cada em súa versom dumha cançom dos diplomáticos, grupos que se juntarom ex profeso, despois de anos sem tocar, para fazer esta merecidíssima homenagem, como Os Rastreros, ou grupos, a maioría, do panorama actual. 
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by Noelia, on 06-01-2008 20:26,
3. 120 Capadores
O sábado día 19 de xaneiro, no barrio de Elviña, onde a sociedade "Tempo Novo", haberá un enorme concerto-romería con motivo da grandiosa apresentación do disco "120 Capadores" en Homenaxe aos Diplomáticos, a partir das 21:00 horas, haberá carpa, e unha xigantesca degustación popular de callos...e cos grupos 
-O Leoiarremecaghoná 
-Lamatumbá 
-Ruxe Ruxe 
-Ulträqäns 
-e depois sesión co DJ Ivan Dezine 
Apresentará "Pulpiño Viascón" 
Vémonos de festa!! 
Saúdos e graciñas.
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by FolkAntas, on 12-12-2007 23:02,
4. 120 capadores
Onde carallo se merca o disco?
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by Festivaleiro, on 04-12-2007 17:23,
5. Non foi sen tempo
Pois o dito, non foi sen tempo :grin pero xusto coincide para facer un regaliño este nadal. Uiuiui! que consumista soa esta frase, mellor esperade a febreiro!!! :upset
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Engade o teu komentario



mXcomment 1.0.2 © 2007-2010 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
 
< Anterior   Seguinte >

Guezos
Wishky e Licor
Grupos
Videos
CD's


2010 Komunikando.net
Joomla! é um Software livre disponibilizado sob licença GNU/GPL.
Estatísticas