Temos 10 visitantes online

Quem anda no Chat?

0 utilisateur

    Concertos

    Kogito + Som do Galopom + Labregos do tempo dos Sputnik:
    A ría non se venden
    DataSábado 18 de Outubro
    LugarC.S. A Tiradoura (Cangas)
    Hora22:00hs.
    Entrada5€
     
    O Sonoro Maxín + Sorkum + La Troba Kung-Fú:
    Festival GalEuzCa
    DataSábado 18 de Outubro
    LugarArzúa, A Corunha.
    Hora22:00hs.
    Entradade balde
     
    Komunikando.net no teu Correio-e
    no teu Correio-e:
    Visita este grupo
    Esta web apoia � iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
    sono-tone.net
    aregueifa.net
    AudienciaZero.org
    Festivaleiro2008
    SKACHA criar PDF versão para impressão
    Views 2961    

    Skacha

    Skacha nace nun sótano do barrio vigués de Coia ala polo ano 1991.
    A súa primeira formación a compoñian : Roberto á batería, Xose á guitarra/voz e Kino co baixo.

    Vindo que esta formación non tiña moito futuro, entra Esteban como vocal, Roberto pasa a guitarra e Xose pilla as baquetas. Medio ano mais tarde e a consecuencia da entrada no lokal de ensaio do grupo K.o.p (Keostiaspasa), Martín,o seu guitarrista entra en Skacha de segunda guitarra.
    E así queda completada a que se podería dicir primeira formacion de Skacha.

    Comezan a compoñer temas mais traballados, e a apartar pouco a pouco os primeiros que compuxeran.

    Non é ata o ano 1993 cando dan o seu primeiro concerto en Priegue (Nigran), con K.o.p.(Keostiaspasa), non é tamén ata ese ano cando fan a súa primeira grabación, “GALIZAS’ MONTES””, maketa grabada no lokal e ca axuda de membros do mítico grupo vigués Desvirgheitors, a cinta tiña 7 temas + unha intro, e foi autoproducida e editada de forma artesanal e caseira por eles mesmos, Chegaron se a vender preto de 100 copias, e non se fixeron mais debido á calidade do son e ao curre que levaba grabar, fotocopiar,… as cintas.

    Despois de numerosos concertos, e un cambio temporal de bateria sustituindo Sime a Xose durante case un ano, volta Xose e despois dunha temporadiña compoñendo temas, entran a gravar 10 temas nos estudios “Colectivo Sonoro Terapia” de Vigo, sendo técnico de son Mikele Faga, de esa gravación saeria a rua a k7 “SEMPRE CEIBES”, editada polo selo catalan “Plastic disc”, despois de venderse moi ben, o selo aleman S.O.S. Records, edita “Sempre Ceibes”en formato CD (edición limitada de 500 copias), con as boas vendas de este traballo (3500copias) a banda comeza a facer as suas incursións fora de Galiza, Barna, Vilafranca del penedes, Manresa,… este traballo tamén obten mois boas criticas de fanzines e revistas, sendo elexida pola revista “Free records” como unha das dez mellores maketas do ano 1996, tanta foi a repercusión deste traballo que son chamados polo selo italiano “Having a Laught records” para incluir un tema no LP recopilatorio “OI! AGAINTS RACISM”, con bandas como Sham69, Angelic Upstarts, Klaxon, Red alert, Nabat,…

    No ano 1997 sae a rua o mini-cd “XUSTIZA CEGA”, de 8 temas, este traballo tamén foi grabado nos estudios Sonoro Terapia, da man de Mikele, e editado tamen por Plastic Disc. Despois de grabar Xose abandona o grupo por cuestions persoais.

    Skacha

    Despois de buscar bateria durante unha tempada e vendo que non aparecia ningún, Kino que xa tocaba en Keltoi! e Disturbio77 a bateria, colle as baquetas, e Mikele entra de baixista. Durante este ano, fan numerosos concertos por todo o estado e aparecen en varias recopilacions “OITO ANOS DE SEQUESTROS”, editado polo selo vigues “Sons de Luita”, parte de este CD iria destinado @s pres@s politicos galeg@s.

    Seria no ano 1999 cando despois de chegar a un acordo con “Sons de Luita” e “Janie Jones”, entran nos estudios Fussión de Vigo para gravar 13 temas, que saerian á rúa uns meses despois en formato CD co titulo de “SKACHA”, este CD a pesares dos problemas na distribución, case se pode dicir que esta esgotado. Despois da gravación, marcha do grupo Mikele, entrando Pavlo de baixista, con esta formación (que segue sendo a actual), comezan a xirar por case toda Galiza e alguns sitios do estado dando sobre 30 concertos no 2000, alguns de eles en Bilbo, Madrid, Arbucies, Molins de rei, Vilafranca, Marin, Vigo, Muiños, Ponteareas, Pontevedra (memorable cos colegas de soak)… a pesares dos non poucos bolos (sendo unha banda non profesional) tamen hai tempo para as grabacions e metense no estudio a grabar 5 versions de grupos da zoa de Vigo/Morrazo xa desaparecidos que de unha o outra forma cruzaronse no camiño para rendirlles un pequeño tributo, estos temas saen a rua xa neste ano, no compartido de bandas galegas “ESTADO DE SITIO”, editado por “Janie Jones records” de Vigo compartindo traballo con bandas como Keltoi!, Disturbio77, Soak,… tamen graban unha versión de eskorbuto “antitodo”, incluida no “TRIBUTO A ESKORBUTO 2″, editado por “Martian records” de Madrid.

    Paralelamente a todo isto sae a rúa o recopilatorio de bandas galegas e catalanas “REVOLTA SONORA” editado por “Sons de Luita” e “Propaganda records” de Catalunya, este selo catalán xa incluira un tema no recopilatorio “ARBUCIES’99″, CD sacado con motivo do festival co mesmo nome en Catalunya, no que tocaron Skacha entre outros.

    Skacha Nova Formacion

    Despois dunha mini xira por Euskadi con Keltoi! e tocar en diversos festivais solidarios e reinvindicativos polo tema do Prestige, no 2004 a banda sofre un duro golpe coa marcha de Roberto, deixando un oco moi grande, pero que Gontxu dende a sua entrada soubo ocupar.

    Skacha segue a dar concertos, e no 2005 entra a gravar en “Oceano Estudios”, da man de Javier Abreu, o seu disco ‘A Ferro e Lume’, que viu a luz en xaneiro de 2006.

    Nestes anos de rodaxe, númerosos concertos en Galiza, Madrid, Euskadi, Catalunya.. dan boa fe da sua experiencia, contundencia e furia no esceario, tanto a nivel de grandes festivais, como en locais de pequeno aforo.
    Apoiando sempre a festa, sen esquecerse de denunciar as inxustizas sociais. Hoxe seguen expresando e transmitindo a sinceira raiba do PUNK-ROCK.



    Formacion


    1. MARTIN - guitarra
    2. PABLO - baixo
    3. KINO - batería
    4. ESTEBAN - voz
    5. .... e ao vivo na mesa de son, e sempre con fame: PETETAS.


    Audios



    Descarga - A Ferro e lume

    Descarga - Ben te foden


    Discografia


    • K7 GALIZA'S MONTES 1993
    • K7/ CD SEMPRE CEIBES 1995/1996
    • CD XUSTIZA CEGA 1997
    • CD SKACHA 1999
    • CD split ESTADO DE SITIO 2001
    • CD 1995/2003 recopilación 2005
    • CD A FERRO E LUME 2006
    • CD/DVD split CEIBE, VIOLENTO & FURTIVO 2007 (en preparación)


    Contacto


    Web: www.skacha.com
    e-mail: Este endereço de email está protegido contra spam bots, pelo que o Javascript terá de estar activado para poder visualizar o endereço de email
    Telf.: +34 606 700 807 / 696 583 430
    SKACHA: Aptdo. 5256 - 36200 - Vigo - Galiza (Spanish State)

    Video - En Marcha





    Cita este artigo na tua web Imprimir Enviar por correio electrónico Publica isto em CHUZA!

    Users' Comments (0) RSS feed dos Komentarios

    Nemhum komentario guardado

    Engade o teu komentario



    mXcomment 1.0.2 © 2007-2008 - visualclinic.fr
    License Creative Commons - Some rights reserved
    Classificação: / 21
    FracoBom 
     
    < Anterior   Seguinte >
    Grupos
    Videos
    CD's


    2008 Komunikando.net
    Joomla! é um Software livre disponibilizado sob licença GNU/GPL.
    Estatísticas