Temos 13 visitantes online

Concertos

Pito de Pikasso + Champurrada:
DataDomingo 14 de Marzo
LugarPub TNT, Compostela
Hora20:00hs.
Entrada4€
 
Capitán Furilo:
DataVenres 19 de Marzo
LugarPub Gatos, Melide
Hora01:30hs.
Entrada
 
Ergom:
DataVenres 19 de Marzo
LugarGentalha do PIchel, Compostela
Hora22:00hs.
Entrada3€
 
NAO:
DataSábado 20 de Marzo
LugarA Bolera. Ourense
Hora
Entrada
 
Komunikando.net no teu Correio-e
no teu Correio-e:

Visita este grupo

Asociacion Galega de Musicos ao Vivo
Esta web apoia � iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
sono-tone.net
aregueifa.net
AudienciaZero.org
PARTICIPAR E DEBATER por Bocixa
Views 2135    

PARTICIPAR E DEBATER por Bocixa

Penso que ante o comentario de Esquios sobre a SGAE é interesante falar e debater sobre diversos temas. Ahí vai a miña idea:

Desde a páxina convido a cada grupo que se apuntou a Komunikando para que fale e diga se está disposto a entrar nun debate de cara a elaborar un texto conxunto e consensuado se é posible sobre os temas que nos preocupen, temas de interés xeral e non caendo en particularismos. Deberiamos empezar a propoñer puntos que cada banda considera importantes e pasadas unhas semanas veremos o número de grupos interesados en participar.
Unha vez sabido esto, entre eses grupos, nomear unha comisión que convocaría unha posterior reunión de cara a debater, cara a cara, eses temas, logo de cadaquen presentar as propostas por escrito.
Temos que ser operativos xa que o tempo para as reunións, é ouro, en non entrar en batiburrios que non levan a ningures. Por iso penso que cada banda debe nomear un representante con voz e voto.

Desde o meu punto de vista a SGAE é un punto importante a tratar:

  • -Posicionamento ante o seu funcionamento, campaña en contra, etc.
  • -Listado de problemas xerais para as bandas de rock galegas e trasladar eses puntos reivindicativos a quen proceda.

Eu particularmente apunto a administración pública, dígase Consellería de Cultura, industria, etc. pois penso que aparte de promover os circuitos do IGAEM apenas hai outras campañas e inversións de cara a axudarnos. Si existen con outros grupo de "novas músicas", que se están a converter nos abandeirados da cultura galega e que parece son os novos herois da canción neste país de cara ao extranxeiro.

Quen decide os artistas que viaxan a feiras internacionais?
Son os artistas das productoras "oficiais" deste país os novos Juan Pardo, Ana Kiro ou Amistades Peligrosas?
Con todo o respeto para eles claro, debemos facer valer o trato igualitario e que se nos teña en conta. As productoras como empresas privadas poden levar adiante os seus programas, pero se de cartos de todos se trata, o conto cambia. Non deben de ter o monopolio dous notas que programan ao seu antoxo manexando carto público como en toda a era PP para converter a industria musical galega nun monopolio de 4 empresas que elixen aos seus propios artistas para os grandes eventos.
En resumo... quero saber que cartos se destinan a promoción da música, a onde van parar, quen se beneficia e baixo que criterios, resultados, etc.

Outras preguntas:
Cales son os plans de Cultura de cara ao XACOBEO do 2010?
Anunciaron hoxe que teremos en Galiza grandes artistas internacionais. Van contar con nós? ou haberá que facer coma en épocas pasadas para que o rock, ska, punk, etc. galego teña presenza neses escenarios sen que sexa de forma marxinal.

A TVG vai a contar con nós para un programa de música en directo? ou seguiremos co Luar eternamente sen máis espazos nesta canle de TV?

Queremos opinar, contar, saber!!!!!!!!!!! eu polo menos.
Así un longo etc. que penso debemos plantexar aos nosos gobernantes con toda claridade.
Pese a elo insisto... debemos ser solidarios e pensar no ben común e non no particular, consensuar, reclamar e ser comprensivos entre nós e cos nosos interlocutores.
Primeiro aclararnos e logo transmitilo.
Quen se anima? na nosa man está... eu vou de cabeza.

Unha aperta a tod@s de Bocixa (Zënzar)


Cita este artigo na tua web Imprimir Enviar por correio electrónico Publica isto em CHUZA!

Users' Comments (9) RSS feed dos Komentarios
Posted by Dios Ke Te Crew, on 31-01-2008 03:30,
1. DKTC estamos pola labor!
Dende Dios Ke Te Crew estamos pola labor,cremos ke è importante e, necesario, ke *s mùsic*s teñamos màis relaciòn, poñamos informaciòn en comùn, etc. Keremos pois, apoiar a iniciativa, participar e debater. 
 
Saùdos. DKTC.
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by rubensenuncan, on 28-01-2008 00:30,
2. Claro que si!!!!
Eu tamén me apunto ó tema tanto en representación de grupo propio como por parte de Senuncan. 
 
Forza Bocixa!!!
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by brais, on 24-01-2008 20:25,
3. sen festas non imos a ningun sitio
Esta claro que como di Bocixa os criterios de seleccion de grupos para moitas cousas son un tanto escuros ás veces. Entendo que estes criterios deben apoiar especialmente aos grupos mais consolidados porque SE ALGO ADOLECE A MUSICA EN GALIZA É DO EXCESO DO AMATEURISMO. 
 
a cousa non esta clara pero hai cousas que si que o estan. ¿Ten sentido gastar a cantidade de cartos que se gastou en un edificio para a SGAE?  
 
O mais importante é encontrar as cousas nas que estamos de acordo. Unha si esta clara: ESTAMOS EN CONTRA DO CANON. 
 
Outra cousa tamen esta clara: queremos saber como se gastan os carto
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...
» Ver todas as 1 respostas

Posted by Can sen dono, on 19-01-2008 23:06,
4. Artigo de THE HOMENS sobre a $gae
Neste enlace tedes un artigo moi interesante e clarificador sobre o tema $gae 
 
http:// thehomens.wordpress.com/2008/ 01/18/40/
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by Komando Anti-SGAE., on 17-01-2008 02:13,
5. Anuncio-Convocatoria
Olas!! 
 
Este xoves 17 de xaneiro con motivo da celebración da "noite dos autores" por parte da SGAE o Komando Anti-SGAE / Acción Cultura Libre convoca a celebrar unha caceirolada de protesta ás 19:30h. na praza do Obradoiro. 
 
Saúdos a tod@s!! 
 
http://antisgae.blogaliza.org/
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by gonzalo MACHINA, on 16-01-2008 13:21,
6. apuntámonos
Pois eso, dende Machina sumámonos a proposta de Bocixa.entendemos que fai falla o debate nun momento no que supostamente o vento sopra ó noso favor. 
SAÚDE
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by Festivaleiro, on 15-01-2008 17:19,
7. Teñen medo!!!!
Eu penso que as institucións, teñen medo, necesitan un filtro que limpe de "impresentables en suciedad" os grupos e productoras ós que chegan eses cartos. Facer un programa de música en directo na TVG con grupos como os que están en Komunikando sen un control e dominio da situacion por parte da "Industria" que sabe ben o que hai que facer, o que vende e o que queda ben, para eles sería unha locura e para os grupos unha oportunidade para facerse coñecer e facer saber á sociedade que existen alternativas
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by GalegoZ, on 15-01-2008 15:38,
8. PARTICIPAR E DEBATER
Desde GalegoZ tamén pensamos que é importante abrir este tipo de debates e animamos aos grupos a tomar unha posición activa e clara en estos temas que expón o Bocixa...Asamblea Xa¡¡
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by Bais do Galpom, on 15-01-2008 14:16,
9. Concordo coa idea
En primer lugar aplaudir a tua idea, bocixa, de lanzar o debate asi como o de facelo atraves de internete. 
 
Como podemos os musicos de galiza estar en contacto cando a poboacion esta tan diseminada? persoalmente falo de estas cousas cando coincido coa xente e por agora estou apenas empezando a coñecer o panorama da musica en galiza, como esta o mercado, como funciona.
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Engade o teu komentario



mXcomment 1.0.2 © 2007-2010 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
 
< Anterior   Seguinte >
Grupos
Videos
CD's


2010 Komunikando.net
Joomla! é um Software livre disponibilizado sob licença GNU/GPL.
Estatísticas