Pito de Pikasso + Membrillo Fanegas: Sábado 4 de Setembro Sala Super 8, Ferrol 22:00hs. de balde
Os Tres Trebóns + Labregos do tempo dos Sputniks + De outra margem + Uxía + Afro-Vungo: Festival da Poesia Sábado 4 de Setembro Salvaterra do Minho 22:00hs. de balde
Lamatumbá: Festas do Pan de Neda Domingo 5 de Setembro Neda, A Curunha
Som do Galpom nace en Decembro de 2005 nunha aldea (A Moniña) perto de Compostela. A verdade é que todos os integrantes do grupo traíamos múltiples e variadas propostas do tipo de música que queríamos facer. Sem embargo, todos coincidíamos en apostar por unha formación innovadora e orixinal que se apoiase nas raíces de tres estilos de música diferentes que, ao mesmo tempo, semellaban moi parellos como son: o funky, o reagge e o rap. De fondo, sentíase o latexo dunha idea que consistía en apoiar toda a nosa música sobre bases totalmente instrumentais. É dicir, pretendíamos dar un paso maís no panorama musical que vivimos neste S.XXI (era das máquinas) deixando de lado as produccións electrónicas.
No proxecto é importante a música pero, no noso caso, se lle dá moita importáncia á mensaxe, a todo aquelo que queremos e precisamos transmitir. Neste punto tamén houbo unha clara decisión e era que o noso idioma sería o Galego, a nosa lingua nai.
A partir destas premisas: por unha banda, a fusión do funky, do reagge e do rap e pola outra banda o xeito de facelo todo "a man" (con instrumentos) xurde o noso estilo própio con poucos precedentes. Dende este momento foron madurando composicións musicais e letras mentres nos medrabamos como musicos e persoas.
A primeira actuación tivo lugar en Xuño do 2006 e a resposta do público foi incríble polo que non puidemos deixar de ensaiar e tocar tentando incorporar canto antes maís temas ao noso repertório; entón comezou a viaxe que nos levou, a lo menos, por 30 concertos en Galiza chegando a lugares descoñecidos e, grazas a xente, gratificantes. A andanza descansou en Xaneiro de 2007, momento que adicamos á gravación do noso primeiro traballo con seis temas no seu interior.
No ano 2007 houbo algunhas variacións instrumentais que lle darán ao grupo unha maior preséncia e contundéncia musical enriba do escenário. Atopámonos cargados de enerxía e ganas de seguir tocando onde se preste para gozar ca música e ca xente. Polo demais o maís importante para nós é "chegarlle" ao público e tentar: que lles guste, que bailen, que escoiten, que canten, ...; en fin, que disfruten da festa do Galpom!
Os proxectos de futuro son moitos ainda que coido que poderían ser resumidos en poucas palabras: dar concertos, ensaiar, facer novos temas e gravar o que será o noso segundo traballo.
Hai vai un pouco da nosa breve pero intensa experiencia abordo do barco das ilusións... Un saúdo do Som do Galpom, dende A Moniña... Pois como non!!!
· Telf. +34 697 966 094 Brais · Telf. +34 661 316 518 Gael · e-mail:
Este endereço de email está protegido contra spam bots, pelo que o Javascript terá de estar activado para poder visualizar o endereço de email
· MySpace:www.myspace.com/somdogalpom · + Videos: www.youtube.com/corvogris
Pois iso xente que marchamos pa Alemania a facer uns cantos concertos; xa vos contaremos que tal nos foi. Pola nosa parte temos moita ilusión en que lles guste o noso som do galpom... Apertas e ate pronto!
Xa estamos de novo pechados no galpom ensaiando e compoñendo novos temas. En breve comezarán a publicarse as datas dos próximos concertos no noso myspace; Pronto nos atoparemos en calquer escenário, a coidarse todos e todas; ate xá!
Atopamonos nun pequeno descanso de cara o público. Non voltaremos a actuar ata dentro duns meses. Somos un grupo de directo pero tamén é perciso algún descanso de vez en cando. Un pouco de vacacións, un pouco de creación para voltar cas pilas cargadas ao noso habitat natural, o escenário. Ata pronto!
Pois iso que che entendo perfectamente, a nos fervenos o cú e non só por que saia o disco senón polo que botamos en falta o voltar a dar concertos que é o que mais nos gusta!
Escrebo para anunciar que agora mesmo no Som do Galpom andamos preparando o que sera o noso primeiro disco. A grabacion sera durante o mes de xaneiro en Casa de Tolos con Segundo Grandio.
Hola chicos do Som, do Som do Galpom,jeje, os fecilito polo premio acadado en Nsaio no camiño e espero que este premio vos sirva para moitas cousas boas que estoy segura merecedes despois de tódolo esforxo e traballo realizado,sempre que poida estare presente nas salas onde toquedes, de todas maneiras sempre contade conmigo pois vos levo no corazón, bicos e apertas,ENHORABOA!