| Views |
442  |
|
 Os veraneantes naceron un dia facendo unha ruta por bares-tenda no baixo miño e paradanta, un jicho mirounos nun bar e dixo ke tiñabamos que ir as festas do seu pobo. Meses despois recibimos a chamada do tipo, A primeira actuacion foi nas festas de Barcia, no concello de Melon(Ourense)
A partir desta festa que foi un auténtico éxito, os Veraneantes prodigaranse por diversas festas e Festivais coma o Repercusión en Allariz, A Gresca, o Rebumbio, Festival da Poesía do Condado, etc.

 E non dudedes que seguirán sempre armando festa alá por onde o requira o público popular, xa que recordade que... "Vos sodes imprescindibeis"
Referente os compoñentes (acompañantes) é algo moi variabel, xa que cada un é da súa casa...do seu grupo, etc, pero o núcleo son os Seguintes:
- Carlos Kao (Acordeonista ocasional, percusionista ocasional, e ani mador da festa constante!) - Marcos de Neda (O mellor Saxofonista de Galiza e parte do extranxeiro, capaz de misturar folklore balkánico, con melodías títicas de rock ou punk) - Garçon (Trompista clásico de formación, que é capaz de acompañar a calquera instrumento habido e por haber, así como arroutado di fabulosas melodías e retrousos ca súa maquina de facer festa) - Toñyto (Trombonista de varias charangas, grupos, etc, que consegue a praza de veraneante despois de duras probas e oposicións para dito posto, especializado en tomar licor café, e poder guiar a vara do seu trombón ó mesmo tempo) -Xan (Guitarrista de amplificación electro-acústica, e inxenieiro en altavoces de pasarruas)
Estes son só algúns dos Veraneantes, os que iremos presentando sempre antes, e despois das actuacións festas, verbenas, e calque acto que implique ter que bufar ou dar cos paus en algunha superficie.
Users' Comments (0)  |
|
|