| Views |
10007  |
|
| Neste 2009 promete ser una das grandes revelacións da escea galega, Taru, o primeiro compositor Reggae en galego, lidera un proxecto que nace froito do respecto o Reggae pero desde diferentes enfoques (latín, Jazz, Soul…..) sen perder a forza do estilo orixinal.
Rodeado dunha banda de autentico luxo, Taru (voz e guitarra rítmica), Viascon (batería), Bangui (baixo), Manolo (guitarra solista), Roberto (saxo), Niurka (teclado e armonias vocais) músicos que forman ou formaron parte de bandas do prestixio de Diplomáticos de Monte Alto, Bonovo, Colorado, Reggaetto, Pinnacle……nacida nun principio en Narón, agora afianzada en A Coruña, destaca polas sólidas composicións, ritmos para bailar e moita vibración reggae. A experiencia deste músicos trasmitese como non o directo, moi real, impregnado de forza e convidando en cada concerto a cantantes de diferentes estilos e grupos de Galiza (ragga, hip hop, bossa nova……) facendo un espectáculo dinamico e vibrante, cargado de melodías cálidas e letras comprometidas.
| | | Agora preparase para un ano intenso, empezando coa gravación de 5 temas que serán editados en formato mini-CD e que ten previsto ser distribuído a mediados do próximo mes de febreiro. Podes escoitar un adianto no seu MySpace.
|
Taru (voz e guitarra rítmica), Viascón (batería), Bangui (baixo), Manolo (guitarra solista), Roberto (saxo) e Niurka (teclado e armonias vocais)
Users' Comments (0)  |
|
|