| Views |
7180  |
|
| A banda fórmase en Vigo a finais do ano 2004, con membros procedentes doutros grupos de diversos estilos musicais: Dakidarria, Skacha, Siniestro Total, Os Resentidos, Skárnio, Frangos… Devotos confesos da música tradicional Jamaicana móvense entre estilos como o Ska, Rocksteady ou o Reggae, sen deixar de lado outras influencias máis Soul, R&B, Surf, etc. Isto unido á súa paixón polo xénero de terror, a serieB e a ciencia-ficción conforman unha proposta cando menos orixinal.
Xunto ás composicións propias, temas de The Skatalites, Desmond Dekker, Phyllis Dillon, The Wailers ou John Holt… conforman o repertorio habitual dos seus concertos.
| | Participaron coa súa canción KINGSTON TOWN / SANTIAGO DC, xunto a outras bandas galegas no A Polo Ghit, un concurso organizado pola Radio Galega e Vieiros, para elixir a canción galega do verán.
No 2006, entraron nos estudios Muu! de Vigo a gravar de forma totalmente analóxica (como antano) cinco cancións que sairon editadas no nadal do mesmo ano en formato CD e EP polo selo El Ejecutor Records.
Despois da sua participación no disco tributo a Potato, e a sua exitosa xira do ano 2008, este 2009 voltan con mais forza e con novas cancións para xirar por donde lles deixen e gravar o seu segundo traballo.
|
Xabi [Teclas] Javier Soto [Guitarra] Almu Janeiro [Voz] GDjazz [Trompeta] “Toñete” Rodríguez [Trombón] Javier “Crossroad” [Saxo tenor] Kino [Batería] Pabolo [Baixo]
Users' Comments (1)  |
|
|