| Views |
478  |
|
Non é boa a noticia que hoxe vos traemos, pero aí vai: Amighos.. así rematou a andadura trifulkeira. Pois si companheiros trifulka afástase do panorama nasional por motivos de saúde, desa lus que brilla no seo que lle chaman sol,... seghounos a todos de insatisfasión, xa non faremos máis cansións, por eso deixemos de faser as putas rimas de merda e sentrémonos no comunicado: PECHAMOS O CHIRINGUITO. Ese é o concepto único e para o cal estamos aquí hoxe. Pasámolo moi ben e fixemos moitísimos consertos:
JRASIAS A TOD@S @S QUE ANDIVESTEDES AHÍ!!!
Coa entrada do novo ano, os integrantes deste proxecto chamado Trifulka decidiron tomarse un descanso indefinido, por non chamarlle separación. Só podemos dicir até aquí, que foi un pracer compartir escenario con grupos coma Ruxe-Ruxe, Desequilibrio Mental, Spider Crabs, Diskordia, Akoso, O Leo I Arremecaghona, Indana.. e moitos outros. Foi un pracer, ter o apoio de tanta xente, coma o recebido por Komunikando.net, OrtigueiraRock ou tantas outras plataformas que axudan a conhecer a grupos galegos. Só palabras de agradecemento, GRAÇAS e ATÉ SEMPRE!
Os motivos internos que nos levaron á disolución da banda non son secreto de sumario: o jitarrista clavoulle un destornillador nun ollo ó cantante, a teclista mordeulle unha cacha ó batera e este caeu ensima do baixista cun plato de 16" rebanándolle unha orella.... pero levámonos ben. Até aquí cheghou trifulka, xa o vedes, o mundo do rock and roll é moi duro, por iso seghiremos aí...cando collamos folgos, até a próxima!!..!! Aquí tedes un vídeo do que foron estes 2 anos de trifulka (por se podedes subilo para adornar un pouco a nova)
Users' Comments (4)  |
|
|