|
Machina, novo disco á Venta!!! e concertos |
| Views |
383  |
|
 Queimame (03) pensar que nos achegamos a unha Apocalipse (02) da que non podemos escapar... e que só podemos Acougar (01). Virarei (04) buscando un novo camiño para demostrar que Aquí Estou (05)... MACHINA, novo disco á Venta !!!
Ademáis temos data de presentación este mércores...
MACHINA presenta o o seu CD 'Acouga' o vindeiro mércores 19 de Marzo na SalaTheStar de Carral. Hora: 23:00hs. Entrada: 5€ Grupo convidado: FUZZQUENLLA MACHINA, despois de 5 anos de concertos, transformacións e demais vicisitudes a banda cercedense MACHINA presenta o seu disco en formato EP de 5 pezas gravado co recoñecido productor Javier Abreu, onde desplegan unha parte do seu duro e emotivo son erguido sobre unha base Newmetal, Hardcore e Emo. A edición deste cd inclúe o video-clip da peza 'Queimame' dirixido por Óscar Ansótegui. Formación: Martín (voz), Anxo (baixo), Ángel (batería) e Gonzalo (Guitarra). http://www.myspace.com/machinagz INFO E ENTREVISTAS: 678 617 763 FUZZQUENLLA, é o grupo convidado para presentar o novo CD de MACHINA, o que hoxe coñecemos como FUZZQUENLLA data do ano 2006 caracterizados por unha dicersidade estilística difícil de enmarcar. Acompañaron a grupos como Karbon14 e Xrude, e acaban de editar unha maketa titulada 'Ningún'. Formación: Anxo (guitarra), Alex (guitarra), Ángel (baixo), Sebas (batería) e Dani (voz). http://www.myspace.com/fuzzquenlla
Ademáis de este mércores 19, o venres 21 de marzo na Cultura Pre-okupa, na Coruña. Sábado 22 no Local social aturuxo en Boiro. O sábado 5 de abril no Pub o Pozo en Sta comba. O 12 de abril na sala reserva de Carballo con Vita Imana (Madrid). 26 de abril no Pub Badulake de Ordes.
Users' Comments (0)  |
|
|